Obradoiro de mellora das técnicas de estudo en FANPA

TÉCNICAS DE ESTUDO

A FANPA levará a cabo un obradoiro de técnicas de estudo coa finalidade de que os alumnos acaden un maior nivel na resolución das tarefas e consigan ordenar o traballo, aproveitar os recursos dispoñibles e desenvolver novas formas de coñecemento. Traballaranse aspectos conceptuais, procedementais e actitudinais . Trátase de crear orde, constancia e hábitos que permitan que o tempo de estudo sexa o máis eficiente posible.
Entre outras técnicas para acadar un correcto método de estudo, formarase os participantes na realización de esquemas, apuntes, test, utilización de regras mnemotécnicas, elaboración de mapas mentais…

DESTINATARIOS

O programa está dirixido a estudantes de entre 10 e 14 anos.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN

Os obradoiros levaranse a cabo en 8 sesións, no local da FANPA os sábados (27 de xaneiro, 3, 10, 17 e 24 de febreiro e 3, 10, e 17 de marzo) en horario de 10:30 a 12:00 horas.

DATAS E MÉTODO DE INSCRICIÓN

Entregar a ficha de inscrición presencialmente na oficina da FANPA ou por medio do correo electrónico no enderezo actividades@nontedurmas.org

PREZO

SOCIOS DE ANPA FEDERADA NA FANPA: 15 EUROS/MES / NON SOCIOS DE ANPA FEDERADA : 25 EUROS/MES

O primeiro pagamento realizarase ata o 3 de febreiro e o segundo ata o 3 de marzo. Tamén se pode realizar o pagamento das dúas mensualidades xuntas antes do 3 de febreiro.

O pagamento da actividade pode realizarse presencialmente na sede da FANPA ou por transferencia bancaria no número de conta bancaria

ES57 2080 5403 4030 4010 2986

 

Descargar a ficha de inscrición