O CIFP Xunqueira promociona os seus ciclos de madeira co 100% de emprego dos seus alumnos

O Centro Integrado de Formación Profesional da Xunqueira de Pontevedra, está a difundir a súa oferta de ciclos de formación na rama de madeira na que están conseguindo nos últimos anos un índice do 100% de emprego para os seus alumnos.

Pódese solicitar a matrícula a partir dos 15, 16 ou 17 anos, ter cursado 3º ESO e mesmo excepcionalmente desde 2º de ESO para o acceso á FP Básica. Con este título pódese obter simultaneamente o de ESO e o paso aos ciclos superiores.

O ciclo medio pódese acceder tamén no caso dos maiores de 18 anos, sen titulación e con 2 anos de experiencia laboral no sector. Ademais, ao completar o ciclo médio pódese obter unha dobre titulación cursando os tres cursos (Instalación e Amoblamento por un lado e Carpintaría e Moble, por outro) de gran demanda no mercado laboral
Con titulación: ESO, FP Básica, proba de acceso, etc…
Dispón de horario nocturno e matrícula por módulos ademais dunhas magníficas instalacións recentemente ampliadas e anovadas.

Descargar folleto en PDF

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/06/CARTEL-PROMOCIÓN-CICLOS-MADEIRA-1.pdf” title=”CARTEL PROMOCIÓN CICLOS MADEIRA (1)”]

Descargar o tríptico en PDF

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2019/06/TRIPTICO-MADEIRA-1.pdf” title=”TRIPTICO MADEIRA (1)”]

O CIFP en madeira tamén permite obter un título de acreditación de experiencia profesional

Requisitos: 3 anos de experiencia laboral no sector ou 200
horas de formación relacionada, últimos 10 anos.
Obtención de:
– Certificados de profesionalidade.
– Validación de módulos do CM Instalación e amoblamento.