O CEIP de Marcón’s living a celebration

O CEIP de Marcón afronta as súas “vodas de prata” en perfecta forma, tras 25 anos sendo un referente non só educativo senón social da súa comunidade.

O aniversario conmemorarase o vindeiro 17 de maio cunha xornada de convivencia de toda a comunidade educativa que pasou por este centro da parroquia pontevedresa na que non faltarán comida, música, xogos e recordos.

A ANPA de San Miguel, un dos puntais da comunidade organiza para todas as persoas interesadas en participar a comida deberán inscribirse antes do 14 de maio chamando ou enviando un whatsapp ao teléfono da asociación de pais, 650312208.

A FANPA aproveita a ocasión para felicitar ao colexio, á súa comunidade escolar, pasada e presente no seu 25 aniversario. O colexio foi inaugurado en outubro do ano 1991, así que posúe unha longa historia; se pensamos en que daquela se estudaba EXB xa vos podedes imaxinar canta auga pasou por ese muíño. Por certo, teñen unha ampla exposición fotográfica que está aberta a todos os que a queiran visitar para reavivar os recordos pero ademais toca festa total de aniversario que van celebrar con múltiples actos de participación.