Ludoverán 2017

Información do Programa de ludotecas de verán que xestiona a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra.

====================

Listas definitivas publicadas

Listas provisionais publicadas
====================

Tal como se informa no folleto, o horario de recollida das follas de inscrición será, desde o día 29 a partir das 9.00 horas, tanto presencialmente como para o método de inscrición en liña.


[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/05/ludoveran2017_p1-web.pdf”] [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/05/ludoveran2017_p2-web.pdf”]

Localización dos centros educativos das ludotecas:

Inscrición en liña (pechada)

Comentarios20

Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.

    1. Varios: a solicitude de matrícula selada, o carné da ANPA se consta o nome do centro, o boletín de notas onde consta o nome do neno é o do centro…

    1. O seu fillo non terá tarxeta sanitaria propia pero terá que estar asociado á cartilla de afiliación á seguridade social dalgún dos seus pais. Se ese é o caso, introduza o número SS do proxenitor asociado. É certo que hai casos en que non se ten numero de seguridade social por ser de colectivos con mutuas especiais (Muface, etc). Nese caso introduza os datos da súa mutua que son equivalentes. O que se pide é o número de asociación á SS.

      http://www.sergas.es/Tarxeta-sanitaria/Que-informaci%C3%B3n-cont%C3%A9n?idioma=ga

  1. Buenos días. ¿Que empresa gestiona el comedor y el madruga?
    Es que necesitaría el madruga una semana de cada quincena de julio y era para saber cómo tengo que inscribirla

  2. Hola . Mi hija está en sexto de infantil pero necesito que vaya al comedor y al madruga. ¿ La tengo que inscribir en Campolongo o en el crespo Rivas ? Pensaba inscribirla en campolongo directamente pero no sé si habrá problema por ser el crespo solo de infantil

  3. Muy buenas,
    Uno de los documentos que se pide para presentar las solicitud es una copia de un documento que acredite ser socio de un ANPA adscrito a FANPA.
    ¿es suficiente el recibo bancario del pago de la cuota anual del ANPA o se refieren a algún otro tipo de certificado emitido por el ANPA?
    Gracias

    1. Refírese a calquera tipo de documento que acredite a pertenza como socio á ANPA: recibo, carné, etc. Nós xa sabemos se a ANPA está federada ou non.

  4. Se puede asistir a dos ludotecas en diferentes momentos, o participar más de una quenda a alguna ludoteca?

    1. – Se entendemos o que preguntas: ir uns días a unha ludoteca e outros a outra, dentro da mesma quincena? Non.
      – Pódese ir durante unha quenda a unha ludoteca e noutra quenda a outra ludoteca distinta? Si.
      – Pódese estar durante varias quendas na mesma ludoteca? Si.

  5. Bo día,
    concordo coa anterior nai que é unha mágoa que este ano os nen@s de infantil non poidan asistir á ludoteca deportiva. Isto ademais supón un problema para as nais/pais que precisamos comedor/madruga, xa que descartado a da Xunqueira, este ano a do Crespo Rivas non di nada de que se poidan inscribir no comedor/madruga do Campolongo, como o ano pasado, ¿poden confirmarmo? e de ser así ¿cal é o motivo?
    Un saúdo e grazas

    1. Ola,
      Xa explicamos as razóns de por que se produciu ese cambio para este ano, ao mellor para o ano que vén, se hai demanda suficiente se podería dispoñer unha ludoteca deportiva para infantil; con iso queremos dicir que as decisións non se toman arbitariamente, teñen unha base. Na FANPA as decisións de organización tómanas nais e pais.

      Para compatibilizar a ludoteca co servizo de comedor, existe a opción de Campolongo (que está dispoñible tanto para xullo coma para agosto), incluído o horario ampliado. Mesmo no caso de que se opte a calquera das 3 especialidades (xeral, deportiva ou inglés) hai opción dun centro con comedor.

      Igual có ano pasado, os que se soliciten Crespo Rivas poderán utilizar o comedor de Campolongo. De feito, o que se recomenda para poder utilizar o almorzo e o xantar é facer xa a solicitude no propio Campolongo de primeira opción.

  6. Boas.
    Cal é a razón de que nas ludotecas rurais non se dea unha opción de comedor nalgunhas delas? Paréceme un pouco discriminatorio pois os pais do rural tamén traballamos.

    1. A razón é moi simple: non hai o número de solicitudes necesarias para cubrir o mínimo que permita afrontar un comedor no rural, polo menos a día de hoxe.

  7. Boas tardes, cando estarán publicados os cronogramas? Vexo que este ano a ludoteca deportiva é so para os de primaria, unha magoa porque o me fillo o ano pasado pasouno en grande. Cal é a razón de non facela para os de infantil? Moitas grazas

    1. Boas,
      Os cronogramas estarán a finais da semana que vén e tamén se publicarán en canto a empresa adxudicataria do concurso os teña listos divulgar e facilitar así a escolla de ludoteca.
      Respecto da ludoteca deportiva reservada só para Primaria, a razón de que este ano non admita alumnos de Primaria deriva das valoracións que unha maioría de nais/pais, monitores e a propia comisión de actividades da Federación recolleu da experiencia do ano pasado.

      En todos os casos, hai concordancia en que os alumnos de Primaria dificilmente seguen as actividades ao ritmo do grupo, polo que provocan interrupcións que molestan a todos. É o mesmo caso pero contrario o que se dá na ludoteca que se fai no Crespo Rivas, reservada para alumnos de infantil.