Listas provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís da Xunta de Galicia

A Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia publica a resolución sobre adxudicación provisional nas dúas tipoloxías de escolas infantís de 0 a 3 anos:

  • Escolas infantís do Consorcio
  • Escolas infantís da Axencia

Aquí vos poñemos as ligazóns directas

Listas provisionais de admitidos/as e de agarda nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2017/18


RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega do Benestar para o curso 2017/18.

Segundo a información publicada pola Consellaría, nestes momentos, a listaxe de agarda eventual ascende a 3489 nenos e nenas e, asemade, hai 282 familias pendentes de completar a documentación

A Xunta, ao igual que fixo no actual curso, atenderá todas as familias que finalmente queden sen praza na rede de escolas autonómicas adxudicándolle unha praza concertada ou axudándolles ao pago da praza nunha escola privada a través do Bono Concilia.