Iniciativa lexislativa popular de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

O SNL do Concello de Pontevedra remítenos para dalo a coñecer, o texto da iniciativa lexislativa popular (ILP)  que pretende garantir o desenvolvemento dos dereitos lingüísticos dos galego falantes no ámbito socioeconómico, isto é, nas relacións comerciais e de servizos de ámbito privado onde somos clientes ou usuarios.

No SNL teñen un prego para recoller sinaturas o venres 17 ou o luns 20; estamos de 8 da mañá ás 3 da tarde.

Contacto:

Servizo de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra
Rúa dos Churruchaos, núm. 2, 1º andar Tel. 986 863 157
2017_der lgtcs no socioecon