FANPA organiza a conferencia sobre nutrición “Deféndete na xungla do supermercado”

Cada vez é máis importante ter criterio á hora de afrontar tanto a compra doméstica como saber valorar a calidade da cociña e dos alimentos que tomamos cada un de nós pero sobre todo os nosos fillos porque a educ ación familiar tradicional na que se prestixia os bos alimentos, variados e frescos,  non é doado confrontala coa vida actual, coa necesaria no supermercado ou no consumo de comidas elaboradas por terceiros.
A conferencia correrá a cargo do educador alimentario Luís Vidal, especialista da Consellaría de Sanidade e terá lugar na Casa das Campás de Pontevedra o vindeiro xoves, 23 de marzo ás 20.00 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

A temática da conferencia concretase en

  • Orixe dos alimentos.
  • Alimentos cociñados, precociñados ou frescos.
  • Racións e cantidades.
  • Etiquetado dos alimentos.
A conferencia terá un tempo para resolver calquera dúbida que o público quixer presentar ao relator.

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/03/Nutrición1.pdf” title=”Nutrición(1)”]

 

Comentarios2

Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.

  1. Bo día, quixera saber si para a charla sobre nutrición é necesaria inscripción, grazas.