Escolas nas Ondas: Un espazo para as radios dos centros de ensino de Galicia e Portugal

Este luns 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio. Como parte da celebración Ponte…nas Ondas! vén de poñer en marcha un portal para as producións audiovisuais escolares. Escolas nas ondas acollerá e difundirá as producións das radios escolares e os vídeos realizados polos centros de ensino de Galicia e Portugal e os países da área lingüística galego-portuguesa. Ademais, no espazo web divulgaranse os podcasts creados polo alumnado e fomentarase o intercambio de experiencias entre os centros educativos dos diferentes países da lusofonía. A iniciativa conta coa colaboración da Universidade de Vigo para o aloxamento dos programas das escolas

Vía: Praza.gal

Orixe: Escolas nas Ondas: Un espazo para as radios dos centros de ensino de Galicia e Portugal – Praza Pública