Convocatoria subvencións para entidades sen ánimo de lucro – Deputación de Pontevedra

BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO ANO 2020 (PROCEDEMENTO SIA 215828) BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO ANO 2020 (PROCEDEMENTO SIA 215828) A Deputación de Pontevedra establece as bases reguladoras da concesión de subvencións públicas destinadas a promover e fomentar o emprego da lingua galega na sociedade, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.

a. Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega

— Certames literarios e xornalísticos

— Creación audiovisual e literaria

— Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega

b. Sociolingüística e toponimia

— Estudos e publicacións sobre sociolingüística

— Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia

c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria

— Xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega

d. Recoñecementos e distincións

— Actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego

Orixe: Detalle – Deputación de Pontevedra