Conta comigo, Aventuras en Familia e Vivencias en Familia 2018
Este sábado 16 de xuño terá lugar a actividade de Vivencias en familia de Kaiak, pádel surf e cable surf no Club de Fornelos
Comida: dúas opcións
– cada un leva a súa
– no restaurante hai un menú dispoñible consistente en churrasco, patacas, ensalada, chourizo crioulo, xeado e café (10€/persoa). Pagamento alí en efectivo.
É necesario facer reserva, para o que antes do venres debedes enviar un correo electrónico (dirixido a actividades@nontedurmas.org) ou un SMS para que fagamos a reserva.
Hora de chegada: 11 da mañá, con bañador, roupa de muda e calzado cómodo e de auga.
Aviso: como xa se ten informado, nin FANPA nin o Wake Club se fai responsable se alguén se manca, xa que a actividade que implica certo risco de seu.
NOTAS (8/06/2018) Fornelos Wake Club
A actividade de vivencia prevista para este sábado, día 9 de xuño, queda aprazada para o día 16 de xuño.
NOTAS (14/05/2018) Camping do Grove.
Actualizado o plan de estadía
NOTAS (11/05/2018) Canóns do Sil (Anulada)
O cámping non vai estar acondicionado para a data do 2 e 3 de xuño, como estaba previsto, polo que vémonos obrigados a anular esta saída.
A devolución do importe farase na semana do 21 ao 25 de maio.
Debedes enviar un correo a actividades@nontedurmas.org co número de conta onde queredes recibir a devolución e o nome dos participantes.
Pedimos a vosa comprensión xa que nos vemos obrigados por causa allea á FANPA.
NOTAS (2/05/2018) Pallozas do Arenteiro
Actualízase a información co Plan de estadía da quenda do 5 e 6 de maio
NOTAS (26/04/21016) Roteiro de Sta. Trega
Aprázase ata o 2 de xuño debido á previsión de mal tempo.
NOTAS (16/04/21016) Illa de San Simón:
- Saída desde Cangas a Meirande 9.45 h
- Saída desde Meirande a San Simón 11.30 h
- Regreso desde San Simón a Cangas 13.30 h
NOTA (11/04/2018)
- Circuitos Aventura (tirolinas) queda para o 27/5/18 ás 10:30
- Kayak Libre queda para o 27/5/18 ás 17:30
NOTA (09/04/2018) Actualizouse o Plan da estadía nas pallozas do Arenteiro. Consultade máis abaixo o Plan.
NOTA (09/02/2018) Saída a Monte Lobeira
Queda aprazada ata o vindeiro sábado día 17 de marzo debido ao aviso sobre mal tempo previsto durante o período.
NOTA (22/02/2018 ) Saída a MUNCYT
09:15 Saída desde o Pazo da Cultura de Pontevedra
11:00 Visita á Torre de Hércules
14:00 Traslado da Torre de Hérculas ao Muncyt
14:30 – 15:30 Comida. (Nunha sala do MUNCYT ou en estabelecementos próximos ao Museo). Os participantes deberán levar ou comprar a súa comida.
16.00 Visita ao MUNCYT e obradoiro
Tempo de descanso
19:00 (aprox.) Saída do autobús a Pontevedra
NOTA: (22/01/2018)
- Este venres comeza a actividade de pilates no CEIP Froebel. A entrada será pola porta principal. É necesario levar roupa cómoda.
- O sábado empezan sushi e ioga.
Ioga ten a entrada pola porta principal e teñen que levar esterilla e calcetíns gordos.
Sushi entran pola porta que está ao lado da Biblioteca pública Antonio Odriozola. Teñen que levar un recipiente con tapa e mandil.
Sobre o pagamento: Aqueles que fixeron a inscrición por correo electrónico e xa recibiron a confirmación de inscrición, deberán efectuar a transferencia canto antes.
Ao superar amplamente a demanda o número de prazas dispoñible, A FANPA realizará nos vindeiros días a comprobación do ingreso e no caso de que non se teña efectuado, as prazas quedarán libres e volverán a estar dispoñibles para as persoas en reserva.
NOTA: (17/01/2018)
Prazas esgotadas en :
- Oratoria
- Interpretando
- Ioga
- Risoterapia
- Pilates
- Patinaxe (tanto iniciación como perfeccionamento)
- Golf (grupo 2)
- Zumba
- Barro
NOTA: (16/01/2018)
O número de conta bancaria para facer a transferencia bancaria tanto para as actividades de Conta comigo como as de Aventuras e Vivencia en Familia é o
ES57 2080 5403 4030 4010 2986
NOTA: (12/01/2018)
- Neste momento xa non quedan prazas para Ioga en horario de 12 a 13 horas
- Neste momento xa non quedan prazas para Patinaxe – Perfeccionamento
NOTA: (11/01/2018)
- Neste momento xa non quedan prazas para a actividade de Zumba
- Neste momento xa non quedan prazas para a actividade de Pilates
É un programa de vivencias en familia, lecer e tempo libre dirixido ás familias do concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar en actividades e que compartan xuntos experiencias e diversión.
PREZOS POR FAMILIA E ACTIVIDADE (ata 5 membros):
– Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: 20€
– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 30€
– Privados, concertados e demáis casos: 50€
PRAZOS DE INSCRICIÓN para o programa “Conta comigo”:
– Do 11 ao 17 de xaneiro: para os socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA.
– Do 18 ao 19 de xaneiro: para o resto.
A inscrición e o pago faranse no local da FANPA (rúa Xan Guillermo, núm. 9), en horario de 9:30 a 13:30 horas. O pago será en efectivo.
Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.
DOCUMENTACIÓN:
– Ficha totalmente cuberta.
– Fotocopia do documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
– Documento que acredite onde estuda o neno/a (só para os non socios/as).
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade, devolverase o importe íntegro na oficina da FANPA.
Actividades (Inscrición do 11 ao 17 de xaneiro para socios de Pontevedra e desde o 18 ata o 19 para os demais)
Ficha de inscrición en “Actividades”
[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2018/01/Vivencias_2018_modificado.pdf”]
=============================================================================
Aventuras e vivencias (Inscrición desde o 15 de xaneiro ata o 28 de febreiro)
Podedes inscribirvos ben na sede da FANPA ou por correo electrónico (actividades@nontedurmas.org)
Nota: por un erro de impresión, corriximos o prezo que está mal no folleto: Pallozas do Arenteiro custa 10 € para socios e 18 € non socios.
Ficha de inscrición en “Vivencias e Aventuras”
Plan de estadía para o cámping do Grove
As chegada estará marcada para as 10,30-11 h da mañá do sábado 26 de maio.
Os monitores estarán esperando polos peques desde esa hora. Mentres se van instalalando en bungalows/parcelas os pais, os nenos se irán entretendo.
Como sempre e ata case o mesmo día non podemos mandar un planing de xogos, porque son o equipo de monitores quen o levará a cabo e segundo o tempo que faaga e o número de peques pode ir variando e ir máis detallado. Un pequeno exemplo xeral:
- 12,00 h. Xogos antes de comer.
- 14,00 h. Comida
- 16,30 h. Xogos na praia
- 21,00 h. Cea, co partido Liverpool-R Madrid para os máis futboleros.
- 22,30 h. Xogo de noite – discoteca infantil.
- 09,00 h. Almorzo.
- 11,00 h. Xogos con pais e piscina.
- 14,00 h. Comida para quen decida quedarse ata a tarde.
Tanto pais como nenos que veñan con ganas de pasalo ben, porque a idea é a mesma do últimos anos onde todos gozamos un montón.
Descargar o Plan da estadía nas Pallozas do Arenteiro para os días 5 e 6 de maio (O Carballiño)
[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2018/01/plan-estadia-carballiño18-maio.pdf” title=”plan estadia carballiño18 maio”]Descargar o Plan da estadía nas Pallozas do Arenteiro para o 18 de abril (O Carballiño)
[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2018/01/4_58954918238365948581.pdf” title=”4_5895491823836594858(1)”]
Hola!quería saber si en aventuras en familia es necesario apuntarse todos los días o si solo puedes ir uno?gracias
Pódese un apuntar a 1 día, sempre que haxa prazas dispoñibles
pode un socio presentar ficha inscripción de conta conmigo de outro socio??? ou ten que levar cada un a súa??
moitas gracias
Si pode, pero para acreditar a condición de socio de ANPA federada terase que traer acreditación do socio interesado en inscribirse.
BOS DÍAS
ONDE SE ATOPA A FICHA PARA CUBRIR DO CONTA CONMIGO???
Xa está publicada.