Carta aberta de CEAPA aos pais, ao movemento asociativo, docentes e sociedade en xeral sobre os deberes escolares

cartel_noviembre_sin_deberes

Os pais e nais debemos recuperar tempo familiar. Queremos pasar máis tempo cos nosos fillos e fillas. A sociedade afirma necesitar que iso suceda e, certamente, debe suceder. A educación é moito máis có currículo escolar. Non é suficiente con ensinarlles coñecementos e axudalos a superar exames, debemos educalos, transmitirlles valores e todo iso non é posible se non podemos pasar tempo con eles. Para educar ben aos nosos fillos e fillas necesitamos que nos deixen facelo, necesitamos que a escola non invada o noso espazo como o fai neste momento e que nos devolva o espazo familiar que nos arrebatou.

Por iso, imos reclamar os fins de semana de novembro para poder empezar a cambiar as dinámicas. Os nosos fillos e fillas afirman que queren estar máis tempo cos seus pais e nais, pero non poden. Os deberes escolares, e outras cousas máis que tamén teremos que tentar cambiar socialmente, impídenllo. No fondo esta campaña é unha actuación máis para cambiar o modelo actual, arcaico e desacertado.

Orixe: Carta abierta de CEAPA a los padres y madres del alumnado, al movimiento asociativo de madres y madres, a los docentes y a la sociedad en general | Ceapa