Campaña á busca de financiamento para o programa de Vacacións en Paz

A entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui presenta unha campaña para colaborar no financiamento do programa Vacacións en Paz, que é un programa de acollida de nenos e nenas refuxiados saharuis.

Trátase dunha campaña na que se ofrece colaborar a que un neno/a pase as vacacións en Galicia, pola módica cantidade de 1 euro. Galicia vén participando neste iniciativa solidaria desde o ano 1991. Consiste en facilitar que os neno/as pasen os meses de xullo e agosto nun ambiente máis amable que o do deserto, baixo a supervisión e os coidados das familias galegas acolledoras. Ademais facilítase unha mellora da súa asistencia médica que resulta moi complicada no seu día a día.

O programa ten uns custos elevados que se viron diminuídos nos últimos anos debido á crise, co que moitos concellos deixaron de apoialo, polo que a SOGAPS está aberto a todas as persoas  que desexen contribuír mediante unha pequena achega económica ao programa de acollida; búscase o obxectivo de que cada escolar galego achegue 1 euro.

A nós pídennos que vos fagamos chegar esta carta ás ANPA

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2016/04/Carta-ANPAS.pdf”]

http://www.sogaps.org