AGAME promove a mediación e ofrece asistencia na elaboración do Plan de convivencia dos centros

Nos últimos anos, estamos a ver como os conflitos nos nosos colexios póñense máis de manifesto e
chegan a adquirir, da man das novas tecnoloxías, notas dramáticas.

A problemática en orixe dos conflitos nos centros de educación é variada, pero non cabe dúbida de
que existe unha alta porcentaxe de responsabilidade no estilo de vida das familias, a falta de valores,
o acceso ás tecnoloxías desde idades temperás, a convivencia con outras nacionalidades, etc.
Doutra banda, a forma de canalizar a resolución de conflitos, segue tendo en “o castigo” o
seu máximo expoñente.

Queremos dirixir a nosa proposta para elaborar unha folla de ruta que nos permita
incorporar a mediación, esta importante ferramenta, ao Plan de Convivencia dos nosos centros
educativos, coa finalidade de impregnalos de todo o que ese procedemento leva asociado: o que
chamamos “a cultura da mediación”.

Entusiastas da mediación non nos faltan nos nosos centros. En ocasións temos profesores
convencidos e formados, que actúan con toda a boa fe do mundo dentro dun contexto moi distinto
ao que se formaron. Atópanse sós ante o perigo, tentando poñer en marcha un plan que é difícil de
encaixar na vida dos nosos centros e que moitas veces fracasa precisamente porque os implicados
na mediación non adoitan ser persoas obxectivas e imparciais á vista das partes implicadas nun
conflito.

Proposta para promover a mediación

A necesidade de ofrecer vías alternativas ás tradicionais, reducindo todo tipo de custos: emocional,
temporal e económico, lévanos a promocionar novos métodos de resolución de conflitos.

Como resposta, e froito da inquietude dun grupo de profesionais formados en distintas áreas, pero
cunha visión común ante a posibilidade de xestionar e solucionar os conflitos, nace a asociación sen
ánimo de lucro, AGAME.

• Por unha banda, incorporar a mediación nos nosos centros educativos, informando e
formando a pais, profesores e alumnos capaces de mediar e de impregnar o centro da
cultura da mediación.

• Doutra banda, a elaboración dunha folla de ruta que conteña todos os recursos necesarios
para a súa posta en marcha e difusión.

• Dar a coñecer a posibilidade de acudir á mediación como método regulado para a
resolución de conflitos.

• Difundir e fomentar novas prácticas en mediación.

• Achegar unha visión que promova a comprensión do proceso de mediación, así como a súa
implementación dentro do contexto de intervención na resolución de conflitos.

• Fomentar e potenciar o recoñecemento dos profesionais formados en métodos de resolución
alternativa de conflitos, así como colaborar na formación dos mesmos.

• Promover actuacións de formación/información e tentar conveniar coas administracións
públicas e entes privados para que integren nos seus procedementos os métodos de
resolución alternativa de conflitos.

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/04/Invitación-charla-Mediación.pdf” title=”Invitación charla Mediación”]