A rede dos xogos tradicionais presenta o X Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

A rede chámase Brinquedia e ao promover este encontro chamado “escolar”, non está limitado a centros escolares,  porque é unha actividade aberta á participación de tódolos membros das comunidades educativas, así coma a outro tipo de asociacións e entidades que valoran o xogo tradicional coma un aspecto relevante e importante da nosa cultura.

Terá lugar o sábado 4 de xuño, no recinto feiras “Manuel Vila López” e Muimenta (Lugo)

O PROGRAMA será moi semellante ao de edicións anteriores.

  • 10:30-11:00: chegada e recepción de participantes.
  • 11:00-14:00:
    • Práctica de xogos: batería de 30 xogos divididos en dúas quendas.
    • Obradoiro de construción de enredos.
    • Obradoiro de xogos musicais.
    • Demostracións de artesáns.
    • Espazos expositivos e de venda.
  • 14:00-15:30: parada para xantar.
  • 15:30-18:30:
    • Exhibición e práctica de xogos e deportes:
      • Chaves de Ferrolterra, Ourense e Santiago.
      • Loita Tradicional Galega (A Cambadela, A Estrada)
      • Billarda.
      • Birlos da Órrea.
      • Arrebolamento do goxo e Piñagoxo (Asociación Carballo Vivo, Friol).
      • XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta).
    • Entrega de agasallos a alumnado participante e colaboradores/as.

Para informarse polo miúdo deste X Encontro, consultade o seu web:

http://brinquedia.net/web/?p=2117

Para consultar calquera aspecto relacionado coa actividade, contactar seguinte enderezo de correo electrónico: brinquedia@brinquedia.net