A FANPA envía unha queixa ao Valedor por derivar responsabilidades ás ANPA

logo_cartas_fanpa

A FANPA, preocupada en relación coas responsabilidades recaídas recentemente sobre as ANPA, en relación coa protección de menores ante delitos de carácter sexual, comunica que acaba de presentar un escrito de queixa perante o Valedor do Pobo no que pon de manifesto que a Administración debería reconsiderar as implicacións sobre entidades de voluntarios, membros das comunidades educativas dos centros de ensino que son as ANPA:

  • traslado de responsabilidades da Administración ás ANPA
  • inseguridade xurídica das ANPA e discriminación entre empresas e profesionais
  • obstáculo á actividade das ANPA
  • extralimitación de atribucións ás ANPA en aspectos que non son o seu fin e burocratización na custodia de datos de carácter persoal que son altamente delicados

Anexo:

Escrito ao Valedor do Pobo