A FANPA comeza a campaña pola enfermaría escolar

O pasado luns, 28 de xaneiro, déuselles a coñecer ás direccións das ANPA de Pontevedra o texto da iniciativa que visa conseguir a regulación e dotación da figura da enfermaría escolar nos centros escolares de Galicia.

Esta é unha iniciativa politicamente apartidaria que xorde co apoio de importantes entidades do mundo asociativo entre as que se encontran agora mesmo a Federación Galega de Diabetes, a Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación Déficit de Atención e Hiperactividade e Necesidades Específicas de Apoio Educativo, CONGAPA e CONFAPA, Colexio de Enfermaría da Coruña e Consello Galego de Médicos.

Mediante esta campaña recolleranse as sinaturas, certificadas mediante pregos controlados por fedatarios,  da cidadanía que queiran dar o seu apoio a esta proposta perante o Parlamento de Galicia. Para poder asinar en apoio desta iniciativa débense cumprir certos requisitos como ser maior de idade, cidadán español, estar censado e con residencia en España (CER e CERA),

A seguir reproducimos integramente o texto da proposta, que se basea nos seguintes argumentos: