A Delegación Territorial de Educación obriga a retomar as clases sen garantir a adecuada seguridade e salubridade do CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis

FANPA considera inaceptable o tratamento de algo tan grave de xeito tan lixeiro, xa que ao pecharse a circulación nos espazos comúns do centro aféctase o Plan de protección, as rutas de evacuación en casos de emerxencia ou poden afectar gravemente a utilización de percorridos adaptados a alumnos con discapacidade.

“compartimos a desconfianza que existe entre moitas familias. Así,
reiteramos a esixencia de que se emita, por quen sexa competente, un informe
técnico por escrito conforme efectivamente o centro estará en condicións axeitadas
de seguridade e salubridade para o seu correcto funcionamento o luns, 4 de febreiro.”

Fonte: Faro de Vigo
Comunicado ANPA