Caixa Galicia e o CEIDA colaboran co Instituto Jane Goodall para promover a educación medioambiental
Caixa Galicia, a través da súa Obra Social, e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia –CEIDA– han colaborar co Instituto Jane Goodall para protexer o medio e promover a educación medioambiental. O CEIDA e Caixa Galicia toman, deste xeito, o sinal lanzado por Jane Goodall na súa última visita a Galicia cando insistiu na importancia das decisións individuais para protexer o medio e na necesidade dunha educación medioambiental participativa para conseguir que a cultura medioambiental cambie.
O programa, que foi presentado o 14 de setembro polo director do CEIDA, o director da Obra Social de Caixa Galicia e pola directora do centro de recuperación de Chimpancés de Tchimpounga, materializarase a través da execución da campaña MOBILízate pola selva, baseada na reciclaxe de móbiles, que CEIDA e Caixa Galicia han recoller en diferentes centros de toda Galicia de forma gratuíta.
A contribución de CEIDA e Caixa Galicia neste proxecto recolle tamén a implantación en Galicia doutras iniciativas de educación dirixidas a nenos e mozos comoRoots and Shoots, para o respecto polos seres vivos e a paz, Biodiverciudad para o coñecemento e protección da fauna e a flora urbana, Mundo escuela, que ten como obxectivo a sensibilización e educación na diversidade étnica e cultural e Ecoviajeros, programa de ecoturismo responsable.
Federación de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos integrada en confapa e ceapa, Defendemos a escola publica como unha comunidade educativa, laica, democrática, participativa e de calidade.