|
|
|
|
Bolsas para a adquisición de libros de texto no curso 2009-2010 destinadas a 1º,2º,5º e 6º primaria |
|
|
|
Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010.
O obxecto desta orde é convocar bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2009/2010, en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta convocatoria tramitarase polo procedemento establecido no artigo 19.2º da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo en conta que polo obxecto e finalidade da subvención non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
Artigo 2º.-Destinatarios e requisitos.
1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria ou en educación especial nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2009/2010.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Para o alumnado de educación primaria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 desta orde.
2. As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.
Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes, segundo o anexo I a orde, presentaranse por duplicado, na secretaría dos centros docentes, segundo se indica máis adiante, ou nos lugares e na forma previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).
Se a solicitude fose remitida por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que o funcionario de correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación.
Co obxecto de facilitar a presentación de solicitudes, se esta se efectúa nos centros, realizarase do seguinte xeito:
a) Familia que solicita a axuda para un só fillo/a:
-Presentará a solicitude na secretaría do centro no que o/a alumno/a se encontra matriculado.
b) Familia que solicita a axuda para varios fillos:
-Se todos os fillos para os que solicita a axuda se encontran escolarizados no mesmo centro educativo, presentará unha única solicitude na secretaría deste centro.
-Se os fillos para os que solicita a axuda están matriculados en distintos centros educativos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, referida aos fillos que se encontran escolarizados en cada centro.
2. A secretaría do centro receptor indicará a data de presentación e selará os dous exemplares, devolvendo un deles ao solicitante.
3. Os centros docentes asesorarán aos interesados para que cubran as solicitudes correctamente en todos os seus puntos e acheguen a documentación exixida por esta orde.
4. Os centros concertados, que actúan como entidades colaboradoras na xestión das axudas, asinando o anexo II quedan suxeitos ao establecido nesta orde.
5. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o 1 ao 30 de setembro de 2009.
Máis información |
|
|
|
|
Instantaneas |
Unha escola e unha sociedade onde todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de recibir un ensino de calidade.
Unha escola e unha sociedade onde se aprenda a convivir e se respecten e valoren as diferenzas. |
|
|