FANPA PONTEVEDRA no seu apoio ó deporte presenta neste curso 2008/09 a oferta da Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra.Este clube nace co propósito de introducir e fomentar a práctica da esgrima en Pontevedra, abarcando todos os niveis e categorías: Desde a esgrima de base á de competición, pasando pola esgrima lúdica. Indicada para nenos/as e adultos.
A sala de adestramento do Club Escola Hungaresa de Esgrima está ubicada nas instalacións deportivas do Centro de Educación Permanente de Adultos (antiga Escola de Maxisterio), na Av. De Bos Aires nº 26, en Pontevedra.
HORARIOS DA TEMPADA 2008-2009:O horario de actividades distribúese en función das distintas categorías deportivas:
a) Categoría M-12:
A categoría M-12 corresponde a tiradores entre os 8 e os 12 anos. O horario de actividades para os tiradores que pertenzan á categoría M-12 é o seguinte:
Martes
Mércores
Xoves
Venres
18:00 – 19:00
18:00 – 19:00
18:00 – 19:00
18:00 – 19:00
b) Categorías M-15 e M-17
As categorías M-15 e M-17 corresponden a tiradores entre os 13 e os 17 anos. O horario de actividades para os tiradores que pertenzan ás categorías M-15 e M-17 é o seguinte:
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
19:00 - 20:00
19:00 - 20:00
19:00 - 20:00
19:00 - 20:00
19:00 - 21:00
c) Categoría Absoluta:
A categoría absoluta corresponde a tiradores maiores de 18 anos. O horario de actividades para os tiradores que pertenzan á categoría absoluta é o seguinte;
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
20:30 - 21:30
20:30 - 21:30
20:30 - 21:30
20:30 - 21:30
19:00 - 21:00
COTAS DE SOCI@:
As cotas d@s soci@s da Escola Hungaresa son de carácter mensual e varían segundo a categoría á que pertenzan, establecéndose do seguinte xeito:
Categorías M-12, M-15 e M-17: 25 € / mes.
Categoría Absoluta: 35 € / mes.
A inscrición no Club faise efectiva co abono dunha matrícula de carácter anual, que varía segundo a categoría á que se pertenza, establecéndose do seguinte xeito:
Categorías M-12, M-15 e M-17: 25 € / ano.
Categoría Absoluta: 35 € / ano.
O abono da matrícula anual proporciónalle ao socio a alta da licencia federativa na Federación Galega de Esgrima e a cobertura médica da Mutua Xeral Deportiva, en caso de lesión, nos centros e médicos concertados coa mesma.
Federación de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos integrada en confapa e ceapa, Defendemos a escola publica como unha comunidade educativa, laica, democrática, participativa e de calidade.