ANPA "O Verxel" - Instituto Sánchez Cantón

sábado, septiembre 17, 2011

NOVO BLOG

Para iniciar o novo curso estrenamos un novo Blog.: anpaoverxel.blogspot.com
Vemonos nel.
O EQUIPO DIRECTIVO

martes, marzo 16, 2010

Resumen do tratado na reunión co director o día 9-11-09:

Plan de Autoprotección:
Atópanse traballando nel, este mes vanse poñer en contacto co concelleiro de seguridade do Concello de Pontevedra e a continuación darán o seguinte paso que e a formación do claustro e demais persoal do I.E.S. co fin de facer o simulacro.Vestimenta dos alumnos:A intención da Dirección é mandar unha nota aclaratoria e están estudiando a posibilidade de modificar o Regulamento de Réxime interno, co fin de que sexa más explícito.
Aclaran que non é un problema vir o I.E.S. cun pantalón pirata, que o problema e vir en bañador, chancletas, pantalóns deportivos,...

Acceso os baños no recreo:
Os baños do soto pecháronse puntualmente debido a que os alumnos/as fumaban nel, continuando abertos os do hall, no momento da reunión xa se están abrindo todos.

Criterio de reparto dos alumnos:
Explican o criterio que teñen no I.E.S. e parécenos lóxico, dito criterio varia segundo o curso: 1º E.S.O. : Idioma, agrupamento lingua – matemáticas e indicacións dos orientadores/as dos centros de procedencia.
2º E.S.O. : Intentan manter os agrupamentos de 1º pero teñen en conta as materias optativas.
3º E.S.O. : Segundo as materias optativas e o Programa de diversificación curricular.
4º E.S.O. : Segundo itinerarios, sección bilingüe e optativas.

Prazo de matrícula:
Realizouse correctamente, se ben como mellora na nota do curso 2010-11 indicarán que o prazo e igual o que apareza no D.G.A., pero indicando que por motivos de organización, e nos estamos de acordo con eles, os alumnos/as de 1º deben facelo 2 días, os de 2º outros dous días,...

Titoría de 3º C :
O problema xa está arranxado o día da reunión, xa que a baixa da titora e de longa duración e está facendo as labores de titor o profesor que está no seu lugar.

martes, octubre 13, 2009

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL

Pola presente convócase a tódolos pais, nais, titores/as de alumnos/as pertencentes á ANPA deste Instituto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará na Biblioteca do Centro o próximo XOVES, 15 de outubro, ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 en segunda, coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Lectura e aprobación, se procede, das contas do curso 2008-09.
3. Orzamento do curso 2009-10.
4. Novas incorporacións a Xunta Directiva.
5. Proxecto de actividades.
6. Plan de autoprotección.
7. Quenda aberta ás palabras.

PONTEVEDRA 07 DE OUTUBRO DE 2009

lunes, octubre 27, 2008

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Pola presente convócase a tódolos pais, nais, titores/as de alumnos/as pertencentes á ANPA deste Instituto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará na Biblioteca do Centro o próximo mércores, 29 de outubro, ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 en segunda, coa seguinteORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2. Novas incorporacións a Xunta Directiva.
3. Proxecto de actividades.
4. Presentación das actividades da Biblioteca.
5. Plan de autoprotección
6. Orzamentos do curso 2008 – 2009.
7. Turno aberto ás palabras.

PONTEVEDRA 22 DE OUTUBRO DE 2008

3º OBRADOIRO DE NARRATIVA


3º OBRADOIRO DE NARRATIVA NA BIBLIOTECA DO IES SÁNCHEZ CANTÓN
outubro 2008 – marzo 2009

Director: Manuel Lourenzo González,
gañador do máis importante premio de novela en galego no 2008: o Xerais

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, 1955). Profesor no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Na súa abondosa produción literaria destacan obras como Da esfinxe, Arqueofaxia, Ela atopa un nome, Tanis I o Mocos, Irmán do vento (premio Merlín 2003). El mesmo confesa: A literatura. Actualmente é unha parte da miña vida, unha parte importante; pero non é todo. O resto é a vida mesma (bvg.udc.es)

Promove e organiza: ANPA O Verxel
Colaboran: Departamento de Lingua Galega e Literatura, Biblioteca, Equipo de Normalización Lingüística
O obradoiro está orientado a promover a creación literaria entre o alumnado do Sánchez Cantón, especialmente na materia de Literatura Galega do século XX- 2º Bach.
Os resultados verán a luz nunha publicación promovida pola ANPA O Verxel.

martes, junio 17, 2008

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Pola presente convócase a tódolos pais, nais, titores/as de alumnos/as pertencentes á ANPA deste Instituto á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará na Biblioteca do Centro o próximo mércores, 18 de xuño, ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 en segunta, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
2.Memoria de actividades.
3.Presentación e aprobación, se procede, do balance económico do presente curso.
4.Actualización da xunta directiva.
5.Turno aberto ás palabras.

IMPLÍCATE NA EDUCACIÓN DOS TEUS FILLOS, ASISTE Á ASEMBLEA.
Pontevedra, 11 de xuño de 2008

miércoles, abril 09, 2008

FORUM ORIENTA "08"

O Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo ten a ben convidar os pais e nais do I.E.S. Sánchez Cantón a unha xornada de PORTAS ABERTAS que se celebrará o día 12 de abril na II Feira do Ensino Superior "FORUM ORIENTA 08" no IFEVI de Vigo.
Nesta xornada presentará a Universidade de Vigo a súa oferta educativa e as moitas oportunidades que lles agardan os seus fillos e fillas nas titulacións que se imparten nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

jueves, marzo 13, 2008

ESCOLA DE FAMILIA

ESCOLA DE FAMILIA
Recetas para PNais e MPais Estresados/as......Cansados/as.

Obxectivo xeral:proporcionar ós pais/nais a adquisición de recursos e habilidades que lles faciliten a comprensión das condutas dos seus fillos e fillas e a relación con eles.
Temporización: As sesións terán unha periodicidade semanal, celebrándose as tardes dos mércores das 19:00 ás 21:00 hors. Data comezo: abril.
Inscrición: Socios da Anpa: 5€; non socios 30€.
SI ESTAS INTERESADO NO BUZÓN DA ANPA METE OS TEUS DATOS:
Nome:..........................................
Enderezo:....................................
Teléfono:.....................................

NOVA REUNIÓN DO OBRADOIRO DE NARRATIVA


Manuel Lourenzo. Os 25 alumnos e alumnas de 4º ESO e 2º BAC xa teñen perfilados os personaxes da novela. O 19 de febreiro puideron comprobar o moito e acertado traballo que fixo o director sobre as súas propostas. Agora vén o máis traballoso, darlles vida aos 25 personaxes na historia ambientada en Pontevedra. As cabezas van botar fume de tanto inventar ata despois das vacacións de Semana Santa. Moitas grazas de novo a Manuel Lourenzo por converter a nosa Biblioteca nun obradoiro de creación colectiva.