XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ


www.educadorespolapaz.or

VIGO, 18, 19 e 20 de abril de 2008

Teatro e Auditorio Caixanova

A nova cita das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses, así como doutras terras de España e outros países que nos adoitan acompañar, está xa programada. Será en Vigo, a cidade que viu nacer no ano 1983 ao grupo EDUCADORES POLA PAZ do Movemento de Renovación Pedagóxica (MRP) NOVA ESCOLA GALEGA. Vai ser, pois, un Encontro especial por varios motivos. En primeiro lugar, por ser a primeira vez que nos imos a reunir en Vigo e, en segundo lugar, porque no transcurso deste XXII Encontro celebraremos a existencia dos 25 anos de EDUCADORES POLA PAZ, o grupo de educación para a paz máis veterano en funcionamento da península Ibérica. Será, pois, un Encontro para festexalo e para recapitular sobre as numerosas actividades desenvolvidas nestes 25 anos (que en boa medida se poden consultar na nosa web: www.educadorespolapaz.org): xornadas, cursos, conferencias, encontros, revistas, libros, etc. Pero tamén para falar da situación do presente e do futuro. Neste sentido, dada a actualidade da temática e polo noso compromiso coa mesma, por segunda vez dedicamos o tema de estudo deste ano á Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.

 

A celebración dos 25 anos e o feito de realizalo en Vigo, levounos este ano a modificar a estrutura tradicional dos nosos Encontros. Así incluímos por primeira vez un acto-espectáculo nun teatro con gran capacidade (1.000 localidades) no que intervirán músicos e poetas consagrados nas súas respectivas artes, así como a participación dalgúns dos ensaístas que colaboran nos libros Educación e Paz I. 25 anos de Educadores pola Paz e Educación e Paz II. Presente e futuro da construcción da paz, que serán presentados no devandito acto. O primeiro da autoría de Xesús R. Jares e o segundo conta con 40 colaboracións de destacados e recoñecidos autores de diferentes disciplinas e partes do mundo, coa coordinación de Xesús R. Jares. Ambos libros están editados por Edicións Xerais de Galicia.

Por todo iso, esperamos a vosa presenza e participación activa nesta nova cita. Ata abril, mes da liberdade e da paz, en Vigo do 18 ao 20.

                                                 PROGRAMA

Venres, 18 de abril.

17.00h-19,45 h. Hotel Cidade de Vigo (Rúa Concepción Arenal, nº 5): Recepción e recollida de material para os/as matriculados/as no XXII Encontro.

20.00h.- Teatro Caixanova (R. Policarpo Sanz no centro da cidade): Breve acto de apertura do XXII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola paz. Intervirán

– Xesús R. Jares, Coordenador de Educadores pola Paz

– Isabel Lima, en representación do Movemento de Educadores pela Paz de Portugal

– Representante do Ministerio de Educación y Ciencia MEC

– María Dolores Vieiro Núñez, Concelleira de Educación do Concello de Lugo

– Guadalupe Rodríguez, Concelleira de Educación do Concello de Santiago de Compostela

– Laura López Atrio, Concelleira de Educación do Concello de Vigo

20,10 h. Teatro Caixanova: “SERÁN POLA PAZ”. Acto poético-musical de celebración do 25 aniversario de Educadores pola Paz e presentación dos libros “Educación e Paz I. 25 anos de Educadores pola Paz” e “Educación e Paz II. Presente e futuro da construcción da paz”.

Interveñen:

Ensaístas que participan nos libros: Juan José Tamayo-Acosta (Madrid), Jurjo Torres (A Coruña), Américo Nunes (Chaves, Portugal), Luis Moita (Lisboa, Portugal), Gloría Ramírez (México), Xosé Manuel Cid Fernández (Ourense), Manuel Blanco (Lugo), Xosé Manuel Rodríguez (Santiago), José Paulo Serralheiro (Porto, Portugal), Luis García Soto (Santiago), Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais) e Xesús R. Jares (Autor do primeiro e Coordenador do segundo libro).

                           

– Poetas e escritores: Xulio Valcárcel, Fran Alonso, Roman Raña, Antonio G. Teijeiro, An Alfaya, Vítor Vaqueiro, Xico Braga (Portugal), José Adamar Basto (Portugal), Rosa Duarte (Portugal), Celso Álvarez-Cácamo e Miguel Anxo Fernán-Vello.

– Músicos: Abe Rábade, Berrogüetto.

         – Presenta: Manolo Romón

ENTRADA GRATUITA CON ENTRADA. Os matriculados no XXII Encontro xa se lles reserva a entrada. O resto das persoas teñen que retiralas a través de Educadores pola Paz, na Concellería de educación do Concello de Vigo (rúa Oporto nº 1) ou na taquilla do Teatro Caixanova o mesmo día do acto. Recoméndase retirar as entradas con antelación.

Sábado, 19 de abril. Auditorio de Caixanova (R/Marqués de Valladares)

10.0h.- Conferencia-debate: “Cidadanía e globalización. Situación e perspectivas”. 
Por José VIDAL-BENEYTO (Director do Colexio de Altos Estudos Europeos Miguel Servet, París. Colaborador do diario El País).
Presentan: Xesús R. JARES
(Catedrático da Universidade da Coruña, Coordinador de Educadores pola Paz e presidente de AGAPPAZ) e Teresa FERREIRA (Profesora e Secretaria da Xunta directiva da AGAPPAZ).

12.00h.- Conferencia-debate: “¿É posible un estado e unha escola laica?”.
Por Juan José TAMAYO-ACOSTA (Teólogo, Profesor e director da Cátedra de Teoloxía e Ciencias das Relixións Ignacio Ellacuría da Universidade Carlos III de Madrid).
Presentan:
Américo NUNES (Prof. da Universidade de Tras os Montes e Alto Douro (UTAD) de Chaves (Portugal), e membro da Xunta direitiva de AGAPPAZ) e María José ACEVEDO (de Educadores pola Paz e da AGAPPAZ).

 14.00h. Comida

17.00h.a 19,00h. – Conferencia-debate: “A educación cívica como educación moral”.
Por Victoria CAMPS (Catedrática de Ética na Universidade Autónoma de Barcelona e autora de libros de referencia no seu campo)
Presentan: Carmen DÍAZ SIMÓN (Orientadora no IES Lucus Augusti de Lugo, membro de Educadores pola Paz e da Xunta direitiva AGAPPAZ) e María Emilia GREGORIO (Profesora e membro da Xunta direitiva de AGAPPAZ)

19.30h.- Conferencia-debate: “Educación para a cidadanía”.
Por Gregorio PECES-BARBA MARTÍNEZ (Catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade Carlos III de Madrid e autor de numerosas obras de referencia sobre Cidadanía e Dereitos Humanos).
Presentan: Xesús R. JARES (Catedrático da Universidade da Coruña), e Teresa FERREIRA (Profesora e Secretaria da Xunta direitiva da AGAPPAZ).

Domingo, 20 de abril. As actividades deste día son exclusivas para os matriculados no XXII Encontro. 

10.00h.- Saída dos autobuses para o Museo do Mar. Lugar de saída: Rotonda de entrada á Estación marítima, perto do peirao das barcas para Cangas e Moaña.

10.30h.- Visita ao Museo do Mar (deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e o galego César Portela). Contemplación das maravillosas perspectivas da Ría de Vigo. Foto da paz.

11.45h. Saída en autobús para visitar o Pazo Museo Quiñones de León, Parque e xardíns de Castrelos.

12.00.- Recepción do Excmo. Sr. Alcalde de Vigo no Pazo Museo Quiñones de León. Viño galego e aperitivo. Foto da paz. Visita ao  Museo e aos xardíns do Pazo.

13.00h.- Solta da pomba da paz e clausura do Encontro.
13,15h.- Regreso en autobús ao punto de saída.

PREZOS:
1. Só Matrícula:

a) Ata o día 20 de marzo:

– Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 35 €.
– Resto: 40 €.
b) Despois do 20 de marzo:
Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 40 €.

– Resto: 45 €.

 

2. Matrícula mais Hotel (Hotel Cidade de Vigo, catro estrelas), dúas noites en habitación dobre ou triple, almorzo buffet e tres comidas

a) Ata o día 15 de marzo:
– Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 140 €.
– Resto: 150 €.
b) Despois do 15 de marzo:
Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 145 €.

– Resto: 155 €.

3. Habitación individual: Ten un suplemento de 30 euros por noite.

4. Comidas (xantar ou ceas): Avisando con antelación cabe a posibilidade de facer algunha comida no mesmo Hotel onde se celebra o Encontro ao prezo de 16 euros.  

Dados do Hotel:

Hotel Cidade de Vigo (catro estrelas). Rúa Concepción Arenal, nº 5. (centro de Vigo pegado ao porto deportivo). Na web do hotel aparecen planos da súa situación na cidade así como das súas instalacións.

Tfno. 986 22 78 20. www.ciudaddevigo.com

VENTAXAS DE MATRICULARSE:

Dado que a maioría das actividades son de entrada gratuíta, excepto as do domingo que son exclusivas para os matriculados, as persoas matriculadas teñen as seguintes ventaxas:

  • Acceso garantido a todas as actividades do Encontro.
  • Bolsa de materiais que inclúe os libros “Educación e paz I. 25 anos de Educadores pola paz” e “Educación e paz II. Presente e futuro da construcción da paz”, Xerais.
  • Materiais e publicacións turísticas de Vigo.
  • Traslado en autobús e entradas aos Museos e lugares que se visitan o domingo pola mañá, recepción e cocktail de despedida no Pazo-Museo Quiñones de León.  
  • 1,5 créditos para os estudantes da Universidade da Coruña
  • Certificación como actividade de formación de 15 horas pola Universidade da Coruña

INSCRICIÓNS e INFORMACIÓN:

-Información: organizacion@educadorespolapaz.org

 

A) INSCRICIÓNS PARA GALICIA E RESTO DE ESPAÑA:

– Por correo-e: organizacion@educadorespolapaz.org

– Por correo postal, acompañada do comprobante da entidade bancaria do pago e remitir a:EDUCADORES POLA PAZ

Apdo. 577.

36200 VIGO (España)


CONTA a nome de: Educadores pola Paz

Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.

 

B) INSCRICIÓNS PARA PORTUGAL:

Por correio-e: teresa.ferreira1@gmail.com

Por correio postal, acompanhadas do comprovativo bancário do respectivo pagamento, a:

Teresa Ferreira

Rua Armindo Almeida Nº 34, 9ºA

2830-275 BARREIRO (Portugal)

– Tfone: 912194690 (das 9 às 13h e a partir das 18:30h) Barreiro.

Fax: 21 207 50 36

Nº CONTA CAIXA GERAL DE DEPÓSITOS, a nome de Cândida Santos:

 0141 0918 13300 balcão do Barreiro

 NIB 0035 0141 0009 1813 3008 7

——————————————————————————————————————–

FICHA DE INSCRICIÓN

XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ

Nombe e apelidos:…………………………………………………………………………………………………………………………
Domicilio: ……………………………………………………………………………………………………………………………………
Localidade:……………………………………………………………..C.P.: ……………………………….País ……………………. Tfno: Correo-e:…………………………………………………….
DNI/BI nº: ……………………………………………………………………………….

Centro de traballo: …………………………………………………………………………………………………………… ………….

Area ou materia que imparte:……………………………………………………………………………………….
 Estudante de: ……………………………… Centro de ensino: …………………………………………………… ………….

 Desempregada/ou. Achegar copia de documento oficial.

 Socio/a de:………………………………………………………………………………………………………………….. …………..

Compartirei aloxamento con: …………………………………………………………………………………………………..

OBSERVACIÓNS: ……………………………………………………………………………………………………………………………………….