XX ENCONTRO GALEGO POLA PAZ

XX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS E EDUCADORES POLA PAZ
28, 29 e 30 de ABRIL de 2006
LUGO.
Hotel Torre de Núñez.
Estrada Nacional VI, km. 497.
tel. (0034) 982.304.040
fax (0034) 982.304399

ORGANIZA:
Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ)
Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega
Dto. de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña
Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP)

 
Cumprimos vinte anos de Encontros Galego-Portugueses de Educadoras e Educadores pola Paz (XX Encontro Galego e XIII Galego-Portugués). Nesta ocasión voltamos, remontando as augas do rio Minho que nos une, á augusta cidade de Lugo, unha das máis antigas da Gallaecia romana.
Nesta edición, nas mesmas vésperas do día internacional da clase traballadora, o motivo central da parte máis reflexiva do Encontro será a educación para o desenvolvemento: aprender a solidariedade. A nosa proposta de reflexión pretende abrir os ollos do intelecto e do corazón ás tremendas situacións de desigualdade nas nosas sociedades e no planeta que habitamos, mais tamén ás posibilidades, reais e atinxíbeis, de desenvolvemento das persoas e dos pobos, así como ás nosas relacións co resto do mundo natural, necesariamente prexudicados por este modelo de desenvolvemento. Outro mundo, certamente, é posíbel.
Constituída a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ), que aglutina as persoas unidas por estes Encontros e por unha perspectiva educadora desde e para a paz, a democracia real e os dereitos humanos, é necesario o acto individual de adesión e participación na asociación e no seu mantemento. E ademais queremos, e así será presentado á súa Asemblea,  que o primeiro grande acto con repercusión internacional que a nosa asociación debe promover, sexa o recoñecemento do profesor Xesús Jares, por todo o seu labor educativo, investigador e de difusión da educación para a paz, ao longo de xa vinte e cinco anos de experiencia profisional, nos entornos galego, portugués, español e latinoamericano, nomeadamente. O XX encontro debe converterse no punto de partida deste recoñecemento e homenaxe, e motivo de celebración para todas as persoas comprometidas coa paz.

Ademais, os Encontros reservan parte do seu tempo para a práctica nos obradoiros, coñecer experiencias, libros e materiais, xogar cooperativamente, bailar danzas do mundo, etc. E, especialmente, encontrarnos, compartir os nosos proxectos, ilusións, problemas e dificuldades na construción dun mundo máis pacífico e xusto. Todo desde o compromiso coa búsqueda da verdade e a esperanza.

Por iso, e contando coa excelente acollida do concello e do pobo de Lugo, agardamos a vosa presenza e participación activa. Até abril, SEMPRE!
 

PROGRAMA 

Venres/6ª feira , 28 de abril

            16.00h.- Recepción
18.00h.- Xogos Cooperativos
19.30h.- Apertura e Boas vindas
19.45h.- Conferencia-Coloquio: “Educación para o desenvolvemento: aprender os dereitos humanos e a solidariedade nas nosas escolas” por Jurjo TORRES SANTOMÉ, catedrático na Universidade da Coruña e autor de numerosos libros.
–         Presenta: Francisco CANDIA DURÁN, profesor da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo e membro de NEG.
21,30h.- Cea/ Jantar.
22.30h.- Ponto de encontro. Presentación das organizacións, ponentes, experiencias e materiais. Dinámicas de presentación e coñecemento entre todos os asistentes.

 

Sábado, 29 de abril

            08.30h.-9:30h- Almorzo/Pequeno almoço.
10.00h.- Obradoiros/Oficinas: Son simultáneos, cada persoa participa unicamente nun:
 
  "Os xogos cooperativos na Educación Física", por Cecilio CASTRO, profesor de Educación Física e membro de NEG.
 
  “Danzas do mundo”, por  Paulo FERREIRA RODRIGUES, professor na Área de Educação Musical da Escola Superior de Educação de Lisboa.
 
  “A relaxación e a risoterapia na educación: xogos, bailes e exercicios”, por  Montserrat SANMARTÍN GÓMEZ, psicóloga e risoterapeuta.
 
  “Precisa-se um/a amigo/a – sonoridades, gésticas, movimentos criativos  e coreográficos na expressão poética, por Mª Virgínia RODRIGUES profesora  e membro de AGAPPAZ.
 
  “Outros povos, outras culturas – Jogos de simulação, por Armindo GREGÓRIO e Céu FERRO, profesores e técnicos de proxectos da Oikos-Cooperação e Desenvolvimento.
 
  “Contos para a paz desde a diversidade ”, por Manuela RODRÍGUEZ LORENZO, mestra de ensino básico e especialista en literatura infantil e edición.
                                   
14.30h.- Xantar/Almoço
16:30h.- Foto da Paz
17.00h.- Tema de debate (no Campus Universitario: Salón de Actos da Faculdade de Veterinaria. Haberá bus): “Uma educação para o desenvolvimento e o meio ambiente”. Interveñen:
–         Viriato SEROMENHO MARQUES, catedrático na Faculdade de Filosofía da Universidade de Lisboa, autor de moitos estudos e libros filosóficos, político-estratéxicos e ambientais.
–         Joaquim PINTO, doutorando da Universidade de Santiago de Compostela e presidente de ASPEA –Associação Portuguesa de Educação Ambiental.
–         Jesús Ángel REMACHA ELVIRA, presidente de Acción Educativa de Madrid e director da súa revista Cuadernos de Acción Educativa.
–         Presenta e modera: Américo NUNES PERES, profesor da Universidade de Tras os Montes e Alto Douro (UTAD) de Chaves. Membro de AGAPPAZ.
18.45h.- Pausa.
19.15h.- Conferencia (no Campus Universitario: Salón de Actos da Faculdade de Veterinaria. Haberá bus): Carlos TAIBO: “A globalización e os movementos alternativos”, profesor na Universidade Autónoma de Madrid, autor de numerosos libros e colaborador habitual dos xornais El País e La Vanguardia.
Presenta: Xesús R. JARES, catedrático da Universidade da Coruña e Coordenador de Educadores pola Paz-Nova Escola Galega. Presidente de AGAPPAZ.
21.30h.- Cea/Jantar
22.30h.- Celebración dos 25 anos de traballo na educación para a paz de Xesús R. Jares.
23:00h.- Festa da Paz

 

Domingo, 30 de abril

08.30h.-09:30h- Almorzo/Pequeno almoço.
10.00h.- Presentación de experiencias, comunicacións e materiais. Coordina: Gloria RAMÍREZ (Cátedra UNESCO da UNAM, México).
10.50h.- Asemblea e avaliación do Encontro: Entre outros temas farase un chamamento á afiliación na Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ), aprobación da cuota anual e designación da comisión elaboradora do regulamento e protocolo organizativo dos Encontros.
12.00 h.- Visita á cidade de Lugo e a súa muralla romana, única completa no mundo, declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade.
13.30 h- Concentración pola PAZ e solta da pomba na Praza Maior da cidade, con chamamento previo á cidadanía de Lugo.
14.00 h.- Xantar/Almoço.
15.00 h.- Clausura/Encerramento do XX Encontro.
 
EXPOSICIÓN E VENDA DE MATERIAIS:
Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo previamente á organización.
 
PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:
As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllo á organización e xuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático ou ser enviadas por correo-e á dirección: agappaz@mundo-r.com. En función do tempo disponíbel, a organización poderá seleccionar aquelas que considere máis interesantes pola súa novidade, adscrición ao tema, etc.
Data límite de entrega: 5 de abril
 
PREZOS:
1. Matrícula e pensión completa a fin de semana en cuarto duplo:
a) Socias/os de NEG ; socias/os do MEP; estudantes e desempregadas/os até 5 de abril: 90 €. Despois desa data: 100 €.
 
b) Resto das persoas: 100 € até o día 5 de abril. Despois desa data o prezo é de 110 €.
 
Para facilitar o aloxamento AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS NON HABERÁ HABITACIÓNS INDIVIDUAIS, agás posíbeis casos excepcionais dos que se informe na inscrición. Nos casos autorizados pola organización pagarase un suplemento de 30 €.
 
2. Só matrícula (Se for necesario, darase prioridade a quen se matricule en pensión completa) :
            a) Ata o día 5 de abril:          
            Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 30 €.
            – Resto: 40 €.
b)      Despois do 5 de abril:
            Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 40 €.
            – Resto: 50 €.
    Media pensión: Estas persoas poderán xantar e/ou cear no hotel co resto dos participantes facéndoo constar na inscrición en Observacións e abonando á organización o importe correspondente por comida/refeição.
 
CERTIFICACIÓN:
* Entregarase certificación oficial ás persoas asistentes así como a quen presenten experiencias/comunicacións.
* Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 1,5 créditos de libre configuración.
 
INSCRICIÓNS e INFORMACIÓN:
-Información: agappaz@mundo-r.com
-Inscricións por correo electrónico, correo postal ou fax, acompañadas de copia do resgardo de pagamento a:
 
A)    PORTUGAL:
EB1 nº 8 do Barreiro, Rua de Cabo Verde, 2830 Barreiro (Portugal)
Tfno/Fax:. 212 03 34 19 (Helena Proença)
Correo electrónico: helena.proenca@netvisao.pt
 
            CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos       (Barreiro – Portugal)
            NIB: 003501410009181330087 da Caixa Geral de Depósitos
                                   
 
B) GALIZA:
Nova Escola Galega
Rúa Betanzos, 1 – 1º, 15703 Santiago de Compostela (Galiza, España)
Tel. 981 56 25 77
 
            CONTA a nome de: Educadores pola Paz
            Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.
 
 
——————————————————————————————————————————————————————————

FICHA DE INSCRICIÓN

XX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS E DUCADORES POLA PAZ
Lugo, 28-30 abril 2006
                                              
Nome e apelidos: ……………………………………………………………………………………………………………………………………..
Domicilio: ………………………………………………………………………………………………………………………………………………..
Localidade e C.P.: …………………………………………………………………………………………. País…………………………….
Tel.: …………………………………………………. Correo-e: ……………………………………………………………..
 Centro de traballo: ……………………………………………………………………………………………………………………………….
Area ou materia que imparte: ………………………………………………………………………………………………………………….
 Estudante. Nivel e centro de ensino …………………………………………………………………………………………………….
 Desempregada/o. Xuntar copia de documento oficial.
 Socia/o de ……………………………………………………………..
Se vas presentar alguha experiencia/comunicación, indícanos o título: ………………………………………………………..
…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
Obradoiro/Oficina (Numerar TRES por preferencia. As prazas cubriranse por orde de chegada do resgardo de pagamento. As persoas que xa fixeran o obradoiro de Danças non poderán pedir este como primeira opción):
E.Física      Danças                Risoterapia     Poesia      Outros povos      Contos
Compartirei cuarto con: …………………………………………………………………………………………………………………..
Preferencia de aloxamento (numerar por orde): dúas camas individuais   unha cama dupla
                                                                       pido cama supletoria
OBSERVACIONS: ………………………………………………………………………………………………………………………………. ………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
 
 


Subvencionan:
                               Caixanova                             Concello de LUGO