Xornadas sobre alimentación infantil no CEP A Xunqueira II

Do xoves 22 ó 30 de marzo desenvolveranse no Colexio de Educación Primaria A Xunqueira II unhas xornadas sobre alimentación infantil organizadas pola ANPA "Andaina" e o propio Colexio e a colaboración da concellería de Educación do Concello de Pontevedra e a Delegación da consellería de Sanidade en Pontevedra.

Os alumnos almorzarán todos eses días no colexio e disfrutarán de diferentes tipos de almorzos saudables: mediterráneo, francés, inglés e mixto, para que coñezan a importancia da primeira comida do día e as variedades de almorzos que hai, para así poder facer unha alimentación máis agradable e axeitada.

Pero ademáis, despois do almorzo os nenos lavarán os dentes para insistiren nos hábitos saudables e participarán nunha serie de obradoiros de cociña que impartirá a asociación ANIAS.Trátase dunha actividade lúdico-educativa na que os alumnos experimentarán con sabores, cores, texturas e sensacións únicas que lles axudarán a relacionarsde co mundo da cociña, descubri.-los alimentos e disfrutar deles.
E o día 27 ás 7 da tarde, como complemento das xornadas e dirixida a pais e nais, haberá unha conferencia coloquio titulada "Como come o meu fillo? ", impartIda por un técnico de Sanidade,na que se abordarán tódolos aspectos relacionados coa alimentación e as cuestións que formulen os propios pais.

Os almorzos desenvolveranse os días das xornadas a partir das nove da mañá.
Mañá xoves, ás 10 da mañá, o concelleiro de Educación, José Antonio García Lores acudirá á xornada inaugural destes almorzos saudables.