Xornada educando en igualdade

VI Xornada galega de nais e pais educando en igualdade

O xogo e o xoguete non sexista

Sábado 22 de outubro LALIN

 

VI Xornada galega de nais e pais educando en igualdade
O xogo e o xoguete non sexista

Os xogos e os xoguetes contribúen enormemente ao desenvolvemento da infancia e a
mocidade, proporcionando uns escenarios de aprendizaxe que inflúen notablemente nas
habilidades que se están adquirindo.
Non obstante, non hai que esquecer que existe unha gran diversidade de xogos e de xoguetes,
e que cada un potencia unhas certas habilidades. O feito de que nais e pais merquen distintos
xoguetes segundo o xénero de quen os vai recibir ou animen a distintos xogos as súas fillas e
os seus fillos, que a publicidade presente uns xoguetes para nenas e outros para nenos ou que
certos videoxogos amosen personaxes cunhas características físicas e de comportamento
discriminatorias ou violentas, son feitos que deben provocarnos ás nais e aos pais reflexións
sobre o consumo, a violencia e o sexismo, para posteriormente actuar co fin de superalas.
Ao longo da xornada intentarase provocar estas reflexións e farase fincapé no valor educativo
do xogo e do xoguete, e daranse pautas para a súa boa e correcta utilización.

Sábado 22 de outubro
10:00–10:30
Inauguración
10:30–12:00
Conferencia inaugural: O xogo no desenvolvemento infantil e xuvenil.

Maite Vallet Regí. Pedagoga e orientadora de nais e pais.

12:00–12:30
Pausa café
12:30–14:30
Obradoiros simultáneos:
1.- Aprender a xogar, aprender a vivir. Imma Marín Santiago. Asesora pedagóxica e directora

de Marinva, xogo e educación.

2.- O sexismo nos videoxogos.

Enrique Díez Gutiérrez. Profesor de didáctica e organización escolar. Universidade de León.
Eloína Terrón Bañuelos. Traballadora social dos equipos de orientación educativa e
psicopedagóxica. León.

3.- A publicidade indirecta dos debuxos animados e o consumo infantil de xoguetes.

Mª Esther del Moral Pérez. Catedrática de novas tecnoloxías aplicadas á educación.
Universidade de Oviedo.

14:30–16:00

Buffet

16:00–18:00
Obradoiros simultáneos (repítense os mesmos da mañá)
18:00–18:30
Actividade lúdica Clownclusiones a cargo de Oihulari klown

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid, 2-4 (Polígono das
Fontiñas). Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2005.

INSCRICIÓN

Para mellorar a organización e adecuala aos seus intereses, deberá enviar a
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN na que sinalará, en orde de preferencia, dous
obradoiros, xunto coa confirmación de asistencia ao buffet, mediante fax, correo

electrónico ou correo postal, antes do 14 de outubro de 2005, á:

Secretaría da Sexta xornada galega de nais e pais educando en igualdade
Seminario Permanente de Educación para a Igualdade
Servizo Galego de Igualdade
Praza de Europa, 15A – 1º (Plg. Fontiñas)
15781-Santiago de Compostela
Tfno.: 981 95 76 13/54 16 18
FAX: 981 54 53 65/95 74 88
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdade@xunta.es
SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MENORES DURANTE
O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas
previstas, porase á súa disposición un servizo de atención especializada a
menores, de idades comprendidas entre os 12 meses e os 12 anos, co obxecto de
que nenas e nenos poidan gozar de actividades lúdico-formativas durante o seu
transcurso. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE
DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa confirmación da súa
asistencia, antes do 14 de outubro de 2005.

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Sexta xornada galega de nais e pais educando en igualdade está

organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a
Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e o Servizo Galego
de Igualdade, a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA VI XORNADA GALEGA
DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE

Aviso: os datos subministrados nesta solicitude serán incorporados a unha base de datos existente no Seminario

Permanente de Educación para a Igualdade para facer posible a realización de trámites organizativos e administrativos
relacionados coa xornada. Así mesmo, utilizáranse para remitir información de futuras actividades do Seminario
Permanente de Educación para a Igualdade. Os datos facilitados non serán cedidos a ningún outro organismo ou
entidade non relacionada coa organización da actividade.
As solicitudes debidamente cubertas deberán remitirse por correo electrónico, ordinario ou fax, antes do 14 de outubro
de 2005 á:

Secretaría da Sexta xornada galega de nais e pais educando en igualdade
Seminario Permanente de Educación para a Igualdade
Servizo Galego de Igualdade
Praza de Europa, 15A – 1º (Plg. Fontiñas)
15781 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 95 76 13/54 16 18
FAX: 981 54 53 65/95 74 88
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdade@xunta.es

Datos persoais

APELIDOS:
NOME: DNI:
ENDEREZO:
LOCALIDADE: COD. POSTAL:
PROVINCIA: TELÉFONO:
CORREO ELECTRÓNICO:

Datos da federación/asociación/escola de nais e pais

NOME:
ENDEREZO:
LOCALIDADE: COD. POSTAL:
CONCELLO: PROVINCIA:
TELÉFONO: CORREO ELECTRÓNICO:

Obradoiros solicitados

Sinale (a modo orientativo) os obradoiros nos que desexa participar:

Obradoiro 1: Aprender a xogar, aprender a vivir.

Obradoiro 2: O sexismo nos videoxogos.

Obradoiro 3: A publicidade indirecta dos debuxos animados e o consumo infantil de xoguetes.

Confirmo asistencia ao buffet…………………………………………………………………. Si Non