xornada dia 13 X abuso do consumo de alcohol na mocidade

O consumo de alcohol entre a poboación máis nova está a experimentar un constante crecemento nestes últimos anos, conscientes da problemática social que se está a producir, aproveito para convidarvos a participar nesta xornada que sobre o abuso do consumo de alcohol na mocidade terá lugar o vindeiro martes 13 de xuño no Pazo de Cultura de Pontevedra.
ver folleto

Co gallo da Xornada sobre o abuso de alcohol na mocidade, organizada polo Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Pontevedra, en colaboración co Plan de Galicia sobre Drogas e dentro do marco do Plan Municipal de Drogodependencias deste Concello, pretendemos analizar a realidade do fenómeno do consumo desta substancia.

O consumo de alcohol entre a poboación máis nova está a experimentar un constante crecemento nestes últimos anos, conscientes da problemática social que se está a producir, aproveito para convidarvos a participar nesta xornada que sobre o abuso do consumo de alcohol na mocidade terá lugar o vindeiro martes 13 de xuño no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Achégovos o programa da mesma.
Agardando que nos vexamos o vindeiro día 13 despídome atentamente.
Margarita Castejón García

Tenente de Alcalde Delegada de Benestar Social