VIII XORNADA GALEGA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE

Santiago de Compostela,29 de setembro de 2007

Supervivencia doméstica: o exercicio da corresponsabilidade

O exercicio pleno da cidadanía supón o acceso equilibrado das mulleres e dos homes ás esferas públicas da vida, ao traballo asalariado, á política…pero unha vez que aceptamos que “o privado é público” tamén temos que considerar exercicio de cidadanía o acceso equilibrado aos deberes e dereitos privados, nos ámbitos do fogar, dos afectos e doscoidados.

Por tanto é tamén educación para a cidadanía formar e preparar fillas e fillos na autonomía persoal no ámbito doméstico e na corresponsabilidade no traballo do coidado das outras persoas.

Se queremos construír unha xeración máis igualitaria, máis preparada para sobrevivir nun tempo que queremos que sexa novo, con novas identidades e sen estereotipos sexistas, debemos facer que as nosas fillas e fillos entendan e asuman que o traballo da casa é cousa da xente que vive nela, que non é xusto que unha soa persoa faga o traballo para todas as demais e aínda é menos xusto que esta persoa sexa designada polo seu sexo independentemente do seu desexo, do tempo do que dispón ou da habilidade que teña.

Con iso tamén estaremos facendo un traballo preventivo para evitar a violencia exercida contra as mulleres.

Toda a información no seguinte PDF: Igualdade