VIII MARCHA POPULAR “A FRACHA”

O club Montañeiros de Pontevedra organiza unha camiñada :VIII MARCHA POPULAR “A FRACHA” .O fin de esta actividade é acercar o sendeirismo a todo aquel que se anime a disfrutar do noso marabilloso entorno dun xeito distinto.

 Como sempre a cita será o terceiro domingo de setembro que este ano cae o día 21. A cita será as 9:00 na estación do tren e o programa de festexos consistirá en:

  •  Camiñada de máis menos 11 Km dende Pontevedra ata o Outeiro de Navío con avituallamento na Canicouva.
  • Comida campestre a prezos populares( menú completo 2€)
  •  Actuación do mellor grupo de Folk de fúrancho de toda a Bisbarra: “OSCHICHISOS”
    Xogos populares
  • Sorteos de Agasallos e sorpresas

  Cartel

Sairemos da Estación de tren para ir polo sendeiro do Gafos ata o Alcouce. A continuación visitaremos o fermoso enclave de Coto Loureiro, onde poderemos observar o emprazamento dun Castro e un fermoso sobreiral. Logo seguiremos cara a Canicouva para dende alí subir paseniñamente ata Chan da Laxe con fermosas vistas.

Dende alí sairemos á pista forestal CF106 onde nos atoparemos coas marcas de entrerías que nos levarán ata o Outeiro de Navío.

Material Necesario: Crema solar, chuvasqueiro, 2 €, enerxía para participar nas actividades e moitas ganas de troula.( Imprescindible levar aplausos para os gaiteiros)

Dificultade: De baixa a moi baixa con refachos de media.

Prezos: A actividade e totalmente de balde agás a comida. ( A Comida pagarase no monte)

INSCRIPCIÓNS

Podédela facer ata o mércores día 18 de setembro, nos seguintes lugares:

·       DEPORTES CHEMA SPORT, rúa Benito Corbal, 14

·       MUSGO AVENTURA, rúa Xavier Puig, 13

·       Local do Club Montañeiros de Pontevedra,

       (Neste horario: mércores, xoves e venres de 21:00 a 22:00 horas)

INFORMACIÓN

CLUB MONTAÑEIROS DE PONTEVEDRA, CASA DA XUVENTUDE, 2º ANDAR, MÉRCORES, XOVES E VENRES DE 21:00 A 22:00 OU NO TELÉFONO 609 713 646, NO MESMO HORARIO.

Se precisades de mais información o contacto e Carlos Rios no tlfo 620 44 80 68.