VIII MARCHA POPULAR “A FRACHA”
O club Montañeiros de Pontevedra organiza unha camiñada :VIII MARCHA POPULAR “A FRACHA” .O fin de esta actividade é acercar o sendeirismo a todo aquel que se anime a disfrutar do noso marabilloso entorno dun xeito distinto.
Como sempre a cita será o terceiro domingo de setembro que este ano cae o día 21. A cita será as 9:00 na estación do tren e o programa de festexos consistirá en:
- Camiñada de máis menos 11 Km dende Pontevedra ata o Outeiro de Navío con avituallamento na Canicouva.
- Comida campestre a prezos populares( menú completo 2€)
- Actuación do mellor grupo de Folk de fúrancho de toda a Bisbarra: “OSCHICHISOS”
Xogos populares - Sorteos de Agasallos e sorpresas
Sairemos da Estación de tren para ir polo sendeiro do Gafos ata o Alcouce. A continuación visitaremos o fermoso enclave de Coto Loureiro, onde poderemos observar o emprazamento dun Castro e un fermoso sobreiral. Logo seguiremos cara a Canicouva para dende alí subir paseniñamente ata Chan da Laxe con fermosas vistas.
Dende alí sairemos á pista forestal CF106 onde nos atoparemos coas marcas de entrerías que nos levarán ata o Outeiro de Navío.
Material Necesario: Crema solar, chuvasqueiro, 2 €, enerxía para participar nas actividades e moitas ganas de troula.( Imprescindible levar aplausos para os gaiteiros)
Dificultade: De baixa a moi baixa con refachos de media.
Prezos: A actividade e totalmente de balde agás a comida. ( A Comida pagarase no monte)
INSCRIPCIÓNS
Podédela facer ata o mércores día 18 de setembro, nos seguintes lugares:
· DEPORTES CHEMA SPORT, rúa Benito Corbal, 14
· MUSGO AVENTURA, rúa Xavier Puig, 13
· Local do Club Montañeiros de Pontevedra,
(Neste horario: mércores, xoves e venres de 21:00 a 22:00 horas)
INFORMACIÓN
CLUB MONTAÑEIROS DE PONTEVEDRA, CASA DA XUVENTUDE, 2º ANDAR, MÉRCORES, XOVES E VENRES DE 21:00 A 22:00 OU NO TELÉFONO 609 713 646, NO MESMO HORARIO.
Se precisades de mais información o contacto e Carlos Rios no tlfo 620 44 80 68.