Vicepresidencia creará novos centros en Pontevedra

O texto recolle a posta en marcha de tres galescolas, un complexo socioasistencial para persoas maiores e con discapacidade e un centro de día para enfermos de alzheimer

Vicepresidencia e Concello colaborarán tamén para a creación dun centro de emerxencia social, dous centros para a xestión de programas de reeducación, e un centro de menores

Tamén se impulsa un local de ensaio para grupos de música xuvenís e un centro Quérote, así como vivendas de alugueiro destinadas á mocidade e as persoas maiores

Nota de prensa completa