Un instituto denuncia a un dos seus estudantes por cuestionar no seu blog o funcionamento do centro

mosimage O Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) José Saramago, de Arganda del Rei denunciou por inxurias a un dos seus estudantes por cuestionar no seu blog o funcionamento do centro. O mozo critica o diñeiro que se inviste en limpar os ‘graffitis’; que non se reparten os periódicos destinados aos alumnos e o exceso de exames consecutivos. Tamén se mostra contrario á discriminación que, segundo el, sofren os alumnos que non cursan relixión e á petición de autorización paterna os maiores de idade.

Especialmente critica á dirección do centro e ao seu profesor de Filosofía, cuxos esquemas acentúa de "obsoletos" e "ineficaces". En declaracións do director do centro "unha cousa é a liberdade de expresión e outra difundir informacións falsas nun sitio público. Se a Xustiza permite iso, mal imos"

Por iso, e con anterioridade a denuncia civil, os responsables do IES Xosé Saramago abriron expedente disciplinario ao xove por "inxurias e ofensas graves contra membros da comunidade educativa, reiteración nun mesmo curso escolar de condutas contrarias ás normas de convivencia e agresión moral contra os demais membros da comunidade educativa".

O Instituto José Saramago é un centro novo (uns catro anos) .

A polémica sobre a liberdade de expresión e a protección da imaxe está dando moito que falar. Este sería o primeiro caso en España en que se denuncia perante os tribunais a unha persoa por opinións vertidas nun blog.

O aspecto máis polémico non son as críticas en si mesmas senón a súa "veracidade" e o feito de que o rapaz, como responsable do seu blog permitiu a existencia de comentarios inxuriosos por parte dos lectores. A denuncia baséase, especialmente, nun deses comentarios vertidos por un visitante do blog. O blog non avisa de que se exime de responsabilizarse dos comentario vertidos polos seus lectores.

O xuízo ten lugar hoxe mesmo.

Normas de convivencia do centro
O blog do alumno en cuestión en Mafius blog
Comentarios sobre a denuncia en Barrapunto.com