Subvencións para entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido da cultura

No BOP do 21 de agosto publícanse as bases reguladoras da liña de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido da cultura no Concello de Pontevedra durante este ano. Estas subvencións son outorgadas pola Concellería de Cultura.

  As axudas afectan a todos os eidos da cultura, en todas as súas facetas e están abertas a persoas físicas ou xurídicas, asociacións, e entidades sen fin de lucro que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Pontevedra, e dirixidas á poboación en xeral.

  Poden percibir estas axudas persoas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades que teñan o seu domicilio social no Concello de Pontevedra  e se atopen debidamente inscritas no rexistro municipal de asociacións. Pero tamén serán beneficiarias aquelas que non estean domiciliadas  no concello, pero que realicen actividades de interese municipal dentro do concello ou en beneficio do mesmo. Non recibirán subvencións aquelas entidades que non se atopen ao corrente das obrigas fiscais co Concello e coa Seguridade Social, tamén aquelas actividades que veñan reguladas noutras convocatorias do Concello, e as que non cumpran as bases.

  Os/As interesados/as en concorrer a estas subvencións deberán presentar a pertinente documentación no Rexistro municipal do Concello nos vindeiros 15 días, é dicir, ata o próximo 8 de setembro.

BOP 21/08/08