Subvencións municipais a entidades sen fins de lucro. Concello de Cambados (Pontevedra). 2008

O Concello de Cambados (Pontevedra) fai a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o ano 2008.
Estas bases teñen por obxecto establece-los criterios e o procedemento para concede-las subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal.
Poderán solicitar estas subvencións: as persoas xurídicas, asociacións, agrupacións veciñais ou comités organizadores que cumpran os seguintes requisitos:
-carecer de fins de lucro.
-desenvolver as súas actividades preferentemente no termo municipal, ou no caso de efectuarse fora deste, deberá
tratarse de actividades que suplan ou complementen ás atribuídas ó Concello de Cambados.
-non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Cambados.
-estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Cambados.
As entidades interesadas poderán solicitar as subvencións no prazo de trinta días seguintes naturais, contados a partir
do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), núm. 103, do xoves 29 de maio de 2008.
www.depontevedra.es