Subvencións do IMD de Pontevedra

O IMD de Pontevedra convoca subvencións para escolas deportivas municipais 2008/09 

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar as actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2008-2009 (Escolas Deportivas Municipais da tempada 2008-2009) que promovan as asociacións ou entidades privadas sen ánimo de lucro. E que poidan ser consideradas de interese social para o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, contribuíndo á consecución dun ou varios dos obxectivos previstos polo Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra e moi especialmente á promoción da práctica de actividade física e deportes.

Atendendo aos obxectivos de: solidariedade, mellora da calidade de vida, promoción e desenvolvemento da cultura física no municipio e en orde a facilitar a iniciación da práctica deportiva de tódolos pontevedreses en xeral e das nenas e nenos en particular,o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra poderá conceder subvencións, previda solicitude e atendendo aos criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na concesión, sempre que exista consignación orzamentaria suficiente.

Bases subvencións escolas deportivas

Modelo de solicitude