Subvencións do Concello de Pontevedra para actividades culturais

Bases reguladoras da liña de subvencións a Asociacións e Entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido da Cultura no ano 2006.

 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 182 — Jueves 21 septiembre 2006
 De conformidade co establecido polo artigo 127 da Lei 7/1985 Reguladora das bases do réxime local e 21 do Regulamento orgánico do goberno e da administración municipal do Concello de Pontevedra, a Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o dezaoito de setembro de dous mil seis, acordou aprobar as bases e convocatoria pública para a regulación da liña de subvencións a Asociacións e Entidades sen ánimo de lucro desenvolventes de accións no eido da Cultura no ano 2006, do teor literal seguinte:

“Bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido da Cultura no ano 2006.

 
LIMIAR

As presentes bases que rexerán a convocatoria para a concesión de subvencións no ano 2006, estarán suxeitas á Ordenanza xeral de subvencións, reguladora da concesión de subvencións polo Concello e os seus organismos autónomos aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación Municipal en data 17 de setembro de 2004.

 1.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido da cultura e todas as súas facetas, promovan persoas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades sen fin de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Pontevedra, dirixidas á poboación en xeral.

 2.—BENEFICIARIOS

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria:

 a) As persoas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades validamente constituídas sen fin de lucro, que teñan o seu domicilio social no concello de Pontevedra, realicen actividades de interese municipal e se atopen debidamente inscritas no rexistro municipal de asociacións.
 b) As persoas físicas ou xurídicas, entidades e asociacións sen finalidade de lucro, validamente constituídas, aínda que non estean domiciliadas no concello de Pontevedra, que realicen actividades de interese municipal dentro do concello ou en beneficio do mesmo.

Non poderán ser destinatarios de subvencións: – Aquelas entidades que non se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Pontevedra e coa Seguridade Social.

 Quedan excluídas desta convocatoria:

– Aquelas actividades ou programas que veñan regulados noutras convocatorias do Excmo. Concello de Pontevedra.

 – Actividades que non cumpran algún requisito das presentes bases.

 3.—PROGRAMAS SUBVENCIONABLES

 Poderán ser obxecto de subvención as actividades culturais que se sinalan a continuación:

ACTIVIDADES CULTURAIS:

 As dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter anual, no eido cultural en todas as súas vertentes.

 4.—LÍMITE DAS SUBVENCIÓNS E COMPATIBILIDADE CON OUTRAS

 A contía da subvención estará en función do custo dos programas e dos recursos con que conte para cubrir parcialmente estes. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións Públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade a desenvolver polo beneficiario. A porcentaxe subvencionabel polo Concello non poderá exceder do 50% do custo da actividade a que se aplique.

 A subvención aprobada poderá ser revisada, unha vez coñecido o financiamento do gasto a través das achegas complementarias de axudas doutras entidades, así como, no seu caso, outros ingresos, de tal xeito que a súa contía definitiva supoña o resultado deficitario da liquidación final de gastos- ingresos.

 5.—APLICACIÓN ORZAMENTARIA

Para o financiamento destas subvencións destínanse os créditos que se detallan a continuación: ACTIVIDADES CULTURAIS: Destinarase un importe máximo de 62.505,27 €, que se imputarán á partida 001.452.489.03.

 6.—SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGARÁN

As asociacións, entidades ou interesados en obter subvencións do Excmo. Concello de Pontevedra deberán solicitalo mediante a presentación da documentación xenérica e a documentación específica para cada programa segundo se sinala a continuación:

A) DOCUMENTACIÓN XENÉRICA:

a) Instancia individualizada, en modelo normalizado, para cada actividade, asinada polo peticionario ou, no caso de persoas xurídicas, polo representante legal coa representación debidamente acreditada.

b) Fotocopia do código de identificación fiscal (CIF), no caso de persoas xurídicas e número de identificación fiscal (NIF) no suposto de persoas físicas.

c) Os datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención debidamente certificada pola entidade bancaria.

d) Certificado do secretario da entidade solicitante no que consten as subvencións e/ou axudas obtidas ou solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía; comprometéndose a comunicarlle ao Concello de Pontevedra a concesión de calquera outra axuda ou subvención de entes públicos ou privados, para a mesma finalidade.

e) Declaración de non ter pendente de xustificación ningunha subvención co Concello de Pontevedra.

f) Declaración responsábel da imposibilidade de realizar a actividade de non ser beneficiario de subvención do Concello de Pontevedra.

g) Declaración do número de beneficiarios directos o indirectos da actividade solicitada.

h) Certificación da Tesourería municipal de atoparse ao corrente das obrigas tributarias coa facenda municipal.

i) Declaración responsábel de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

j) Declaración responsable de non ser debedor á Facenda estatal e autonómica, nin á Seguridade Social.

i) Certificación que acredite a inscrición da Asociación correspondente, no rexistro de asociacións municipal, ou nos rexistros correspondentes en razón da actividade que desenvolvan.

 O Departamento de Cultura do Concello de Pontevedra xestionará de oficio o certificado municipal de estar ao corrente das obrigas fiscais coa Administración local, así como de estar inscritos no rexistro municipal de asociacións.

B) DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA:

a) Proxecto explicativo das accións que se pretende realizar, con especificación entre outros de: data, lugar de celebración, responsábel/ beis do desenvolvemento da acción, obxectivos da mesma, e estimación de beneficiarios da mesma.

b) Orzamento de gastos e ingresos da actividade que se solicita, detallando cada un dos gastos e ingresos.

7.—PRESENTACIÓN E PRAZO

A instancia coa restante documentación solicitando a subvención presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, no prazo de quince días contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 No suposto de que as solicitudes presentadas non reúnan os requisitos sinalados, requirirase aos interesados para que no prazo de dez (10) días emenden as anomalías advertidas. No caso contrario procederase ao arquivo da solicitude.

8.—CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS

 As subvencións teñen carácter voluntario e eventual, esto é que non supoñen obriga ou deber e suxéitanse a calquera evento ou continxencia, sen que podan ser invocadas como precedente.

Os criterios de valoración, que serán ponderados de maneira xustificada para o outorgamento de subvención e fixación da súa contía, serán como mínimo os seguintes:

A) CRITERIOS XERAIS:

a) Interese xeral da actividade no ámbito municipal.

b) Número de beneficiarios, directos ou indirectos.

c) Imposibilidade de realizar a actividade de non ser beneficiado coa subvención.

d) Volume de subvencións concedidas a actividades para a mesma finalidade.

e) Custo en función da capacidade da actividade e porcentaxe que se solicita como subvención.

f) Fomento da non discriminación por razón de xénero nas actuacións propostas.

g) Contribución á normalización dos usos oral e escrito da lingua galega. Asemade, as publicacións, a cartelaria, a publicidade e toda producción escrita de todas as actividades das asociacións que vaian estar subvencionadas polo Concello de Pontevedra deberán estar sempre en lingua galega, da mesma maneira que deberá figurar a colaboración do Concello de Pontevedra.

a) A continuidade, estabilidade e solvencia demostrada pola entidade solicitante no ámbito da actuación puntual desenvolta.

b) O grao de innovación da proposta, sobre todo naqueles sectores culturais que poidan aparecer como deficitarios.

c) A repercusión para o colectivo ao que van dirixidas e para o que participa nas actividades, en canto a mellora da súa calidade de vida.

d) O custo total da actividade proposta, e nivel de autofinanciamento.

9.—INSTRUCIÓN E ÓRGANO INSTRUTOR

 A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle á xefe de Servizo de Cultura.

 A xefe de Servizo realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

 As actividades de instrución comprenderán: Petición de cantos informes estime necesarios ou aqueles que sexan esixidos polas normas que regulen as subvencións. Todos serán emitidos nos prazos regulamentarios para resolver.

 Avaliación das solicitudes ou peticións, realizada segundo os criterios, formas e prioridades de valoración estabelecidos nas bases da convocatoria.

 Unha vez avaliadas as solicitudes, a comisión cualificadora deberá emitir informe no que se concrete o resultado da avaliación realizada.

 A xefe de Servizo, tendo en conta o expediente e o informe da comisión cualificadora, formulará unha proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que deberá notificárselles ás persoas interesadas e mediante a publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra. Concederase un prazo de dez días para presentar alegacións, ou a solicitude de reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención que se propón outorgar.

 Examinadas as alegacións, de ser presentadas polos interesados, a persoa instrutora formulará proposta de resolución definitiva, que deberá expresar o solicitante ou a relación de solicitantes para os que se propón a concesión de subvención, a súa contía, con especificación da avaliación e dos criterios de valoración seguidos para realizala. Ao expediente engadirase informe do xefe de Servizo no que conste que da información levada a cabo se desprende que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás mesmas.

 As proposta de resolución provisional e definitiva non crean dereitos a favor do beneficiario proposto fronte á Administración mentres non se realice a notificación da resolución definitiva da concesión.

 O estudio e, de ser o caso, a concesión ou denegación de axudas económicas, realizarase tralo estudo do bloque de solicitudes presentadas en cada programa.

10.—COMISIÓN CUALIFICADORA

A Comisión Cualificadora estará composta polo Sr. Alcalde-Presidente ou concelleiro en quen delegue, tres (3) vogais de representación municipal, un de cada grupo político, e con voz e sen voto o xefe de servizo de Cultura.

11.—RESOLUCIÓN

O estudio e, de ser o caso, a concesión ou denegación de axudas económicas, realizarase tralo estudio do bloque de solicitudes presentadas en cada programa.

Unha vez que se realicen todos os trámites relacionados con cada solicitude, consonte coa Base 9, elaborarase proposta de resolución que, logo do informe de Intervención, serán resoltas polo órgano competente no procedemento concedendo ou denegando a subvención.

Na resolución, caso de ser positiva, farase constar a contía da subvención, forma de pago, programa afectado e condicións nas que se outorga.

De non resolverse expresamente esta convocatoria no prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación da solicitude, entenderase desestimada.

A resolución pon fin á vía administrativa.

12.—ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN E COMPROMISOS

 A subvención entenderase aceptada polo solicitante se dentro do prazo dun mes seguinte á recepción da comunicación da concesión, non manifesta nada en contra.

 Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, expresa ou tacitamente, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidas.

 Os beneficiarios, ademais de realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención nos prazos sinalados, someterase ás actuacións de comprobación e seguimento da aplicación da subvención polo Concello de Pontevedra, cos medios que estime oportunos e facilitará canta información sexa requirida polo Tribunal de Contas, de ser o caso. A obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras Administracións, entidades ou persoas físicas poden dar lugar á modificación da resolución de outorgamento.

13.—PATROCINIO

As entidades beneficiarias das subvencións da presente convocatoria quedan comprometidas a estabelecer de forma clara nos exemplares dos programas, carteis anunciadores, fotografías e demais material gráfico ou sonoro que publiquen con motivo do programa ou actividade subvencionada, mención expresa do patrocinio do Concello de Pontevedra.

 Terá que incluírse o escudo do Concello de Pontevedra, que será do mesmo tamaño, como mínimo, aos doutros posíbeis patrocinadores, cando a achega económica destes non sexa superior á subvención concedida pola institución municipal.

 14.—PUBLICIDADE DAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS

 A concesión de subvencións será publicada no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra, agás aquelas para as que o seu outorgamento e contía individual sexa superior a 3.000 €que se publicarán no BOP.

 15.—SUBCONTRATACIÓN Enténdese que existe subcontratación cando o beneficiario concerte con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

 A porcentaxe máxima permitida para a subcontratación poderá ser ata 75% do importe total da actividade subvencionada.

 16.—PRAZO E XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS

Para poder percibir as subvencións concedidas de acordo coas prescricións destas bases, os beneficiarios presentarán a documentación xustificativa no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de corenta (40) días, contados a partir da recepción da notificación da concesión definitiva.

 A documentación xustificativa será a seguinte:

a) Instancia subscrita polo/a Presidente/a da entidade, asociación ou particular dirixida ao Excmo. Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra; na que se solicite o pago da subvención no número de conta corrente indicada na solicitude. Deberase acreditar a titularidade do asinante da instancia por medio de certificación do secretario da entidade, asociación, etc. ou calquera outro medio en que quede fidedignamente demostrada a titularidade do asinante.

 b) Presentación da conta xustificativa, que comprenderá: – Memoria detallada que inclúa declaración das actividades realizadas, financiadas coa subvención e o seu custo.

 – Relación desagregada de cada un dos gastos realizados con motivo da actividade subvencionada (distinguindo entre gasto total e gasto subvencionábel).

 – Presentación de facturas ou demais documentos de valor probatorio equivalentes, con validez no tráfico xurídico mercantil ou laboral, (TCS, cartas de pago, etc).

 – Declaración xurada do beneficiario que acredite que as facturas que se presentan como xustificantes, foron aplicadas á actividade subvencionada.

 – Relación desagregada de todos os ingresos que financian a actividade (fondos propios, subvención concedida e outras subvencións).

 Tamén deberá acreditarse o seu importe, procedencia e aplicación ás actividades subvencionadas.

 – Un exemplar de toda a documentación impresa xerada pola actividade que acredite a participación do Concello de Pontevedra no financiamento da actividade.

 – Certificacións de estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Facenda estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social.

17.—REQUISITOS DAS FACTURAS

As facturas que se acheguen como xustificantes da subvención deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Os estabelecidos para a súa expedición no R.D 1496/03: Datadas no período subvencionábel, e correspondentes a actividades dese período.

 Conter o DNI ou número de identificación fiscal do perceptor.

 Conter o selo de ”pagado” ou presentar o recibo correspondente.

 Conter o selo da casa subministradora e a sinatura.

 Axustarse ao orzamento presentado ao formular a solicitude.

b) Deberá xuntar o orixinal e unha copia de cada un dos documentos que se presenten para selar a primeira, que será devolta, e compulsar a segunda.

 O selado consistirá na impresión sobre o documento orixinal da expresión "este documento serviu para xustificar unha subvención outorgada polo Concello de Pontevedra no procedemento de concesión de subvencións para…”.

c) No suposto de que a subvención teña como destino o pagamento de persoas físicas que prestan servizos retribuídos, pago de premios ou pago de axudas de custo, a entidade beneficiaria vén obrigada á retención do IRPF nos límites e excepcións da lexislación que rexe.

 Os pagos ao persoal retribuído coa súa pertinente retención xustificaranse a través da nómina correspondente, acompañada dos TCs.

 18.—COMPROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS

O xefe de Servizo de Cultura será a responsábel da comprobación da xustificación da subvención, que se materializará na emisión dun informe que acredite a adecuación, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinou a concesión ou aproveitamento da subvención.

 19.—REINTEGRO DE SUBVENCIÓNS

No caso de incumprimento do obxecto, condicións ou finalidade de carácter prepagábel ou ausencia e xustificación das mesmas nos termos contemplados na ordenanza reguladora das bases xerais e nas presentes bases, o Concello de Pontevedra esixirá ás persoas físicas ou xurídicas beneficiarias da mesma o reintegro das cantidades correspondentes, de acordo co procedemento estabelecido na Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Pontevedra.

 20.—PROCEDEMENTO SANCIONADOR

 O procedemento sancionador será o disposto na Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Pontevedra, no seu Título II.—Infraccións administrativas e procedemento sancionador.

 21.—RECURSOS

 Contra o precedente acto, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do estabelecido no art. 116-1 da Lei 30/1992 do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999 pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos art. 8-1 e 46-1 da Lei 29/98, de 3 de xuño da xurisdicción Contencioso-Administrativa.

 De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este resolverase e notificarase no prazo de un mes segundo estabelece o art. 117-2 da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co estabelecido no art. 43-2 da Lei 30/92, modificada pola Lei 4/1999, pudendo entonces os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados dende o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, de conformidade co estabelecido no art. 46-1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición Contencioso-Administrativa.

 Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes segundo o dereito”.

  O que se fai público para xeral coñecemento e efectos legais procedentes.
 Pontevedra, 18 de setembro de 2006

.—O Alcalde, Miguel A. Fernández Lores.—

O Secretario da Admón. Municipal, Adolfo Castro Pérez.