Subvencións de carácter social. Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

O Concello de Vilagarcía de Arousa convoca Subvencións para actividades de carácter social destinadas a entidades sen ánimo de lucro, ONG’s e asociacións.
As presentes bases establécense para regular a concesión, en réxime de concurrencia competitiva, das axudas a conceder pola Concellería de Servizos Sociais co obxecto de subvencionar programas, actividades, ou publicacións de Entidades sen Animo de Lucro, ONG’s, Asociacións, que se realicen con carácter público durante o ano 2008.
Poderán solicitar axudas á presente convocatoria Entidades sen Ánimo de Lucro, ONG’s, Asociacións, sempre que a actividades sexa destinada a colectivos especialmente sensibles e con problemáticas específicas, e que desenvolvan a actividade ou evento a subvencionar na cidade de Vilagarcía de Arousa. Así mesmo deben ter personalidade xurídica propia.
Poderán ser obxecto de subvención:
-realización de programas e actividades dirixidos á poboación en risco de exclusión ou que pertenza a un colectivo
especialmente sensible a determinada problemática.
-Actividades socioculturais no ámbito do lecer e tempo libre.
-Actividades que faciliten a incorporación dos colectivos citados ás novas tecnoloxías.
-As edicións de periódicos, revistas, folletos e carteis para a asociación solicitante.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP),núm. 102, do mércores 28 de maio de 2008. www.depontevedra.es
Máis información