Subvención comedores curso 2007/08

Orde do 18 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de
centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso académico 2007-2008.
O Estatuto de autonomía de Galicia declara no seu artigo 31, a competencia plena da Comunidade Autónoma
galega para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades
e especialidades, sen prexuízo das limitacións impostas polos artigos 27 e 149 da Constitución española.
O Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo quese establece a estrutura orgánica da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, enumera dentro das súas funcións o deseño e elaboración de campañas de mellora dos recursos educativos complementarios.
Pola súa banda, o artigo 82.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, LOE (BOE do
4 de maio), establece que as administracións educativasprestarán, en determinados supostos, de forma
gratuíta os servizos escolares de transporte e, se é o caso, comedor
DOG 25/09/07
Corrección de erros.-Orde do 18 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan axudas para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos dependentes da Consellería de Ecuación e Ordenación Universitaria para o curso académico 2007-2008.
DOG 01/10/07