Solicitar de medidas a prol de nenos galegofalantes

Carta modelo para esixir dereitos lingüísticos as nais e pais de nenos galegofalantes en escolas de infantil e primeiro ciclo de primaria

Dona / Don ……………………………………………………………………………………………………….. nai / pai de ……………………………………………………………………………………………………………

alumna / o do curso …………………………………………………………………………..

Comunícolle que a miña filla / o meu fillo é galego-falante, fala, por tanto, a lingua propia e maioritaria de Galiza, pero recibe o ensino nunha aula na que os alumnos de fala galega son minoría.

A escola continúa a ser a primeira institución desgaleguizadora e a experiencia indica que sen unha atención específica, estes nenos perden o idioma galego nos anos de educación infantil e do primeiro ciclo de educación primaria. Mestúrano caoticamente nun xeito de castrapo que afecta gravemente á fixación da lingua. O resultado acaba sendo que o alumno infravalora o seu idioma e acaba por abandonalo.

A Lei de Normalización Lingüística di no artigo 13.1 que ‘Os nenos teñen dereito a recibir o seu primeiro ensino na súa lingua materna’. O decreto 247/1995 que desenvolve a Lei de Normalización para a súa aplicación no ensino, di no artigo 4.1 que os profesores e profesoras ‘… terán en conta a lingua ambiental e coidarán de que adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galiza, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo’.

Ademais, en setembro de 2004 aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galiza o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega, que estabelece a obriga de que en entornos galego-falantes a oferta educativa en educación infantil sexa en galego, mentres en entornos castelán-falantes deba ser un mínimo dun terzo do horario semanal nesta lingua. No relativo á educación primaria, a docencia en galego ha de ser dun mínimo do 50%.

Por todo isto SOLICITO:

Que se me informe por escrito das medidas pedagóxicas que se van tomar para que a miña filla / o meu fillo continúe a usar a súa lingua, e ademais a reforce e afiance.

Estas medidas complementarias son imprescindíbeis para que non se dea o abandono lingüístico arriba indicado.

Como pai / nai non exixo estas medidas exclusivamente en beneficio do meu fillo / da miña filla. Teño en consideración que a lingua que el / ela fala é patrimonio de todos e por tanto tamén dos seus profesores e compañeiros: é a lingua propia deste país, e por iso o esforzo especial que se faga desde a escola perseguirá un beneficio colectivo e non individual.

Atentamente. Asdo.

SR. DIRECTOR / SRA. DIRECTORA DO COLEXIO ……………………………………………………..