Recomendacións para mellorar a alimentación da familia

 
Os escolares teñen que comer de todo, pois canta maior variedade de alimentos exista no seu dieta, maior é a posibilidade de que sexa equilibrada e conteña os nutrintes que precisan.
 
?? Comer só o que nos gusta é unha mala práctica nutricional.
 
?? Os alimentos deben distribuírse ao longo do día para que o corpo teña os nutrintes necesarios, en función das súas esixencias.
 
?? Hai que varia-las formas de preparación dos alimentos utilizando distintos procedementos culinarios:
asados , fervidos, á prancha, guisados, e non abusar dos fritos. Estimula-lo consumo de alimentos crus (ensaladas, gazpacho, sopas frías…).
 
?? No plano de comidas dun escolar debe haber unha presencia de alimentos ricos en proteínas de orixe animal: lácteos, carnes, ovos e pescados, en equilibrio con alimentos de orixe vexetal: cereais, legumes, verduras e froitas.
 
?? Os alimentos ricos en hidratos de carbono (pan, pasta, arroz, legumes) son imprescindibles polo seu aporte de enerxía e deben formar parte das dietas habituais dos escolares.
 
?? Introducen variedade gastronómica e son esenciais nunha boa nutrición.
 
?? As froitas e ensaladas deben ser habituais e abundantes na alimentación dos escolares.
 
?? O auga é a mellor bebida. As comidas deben acompañarse sempre de auga.
 
?? Na idade escolar as bebidas alcohólicas, incluso as de baixa graduación, non deben consumirse nunca.
 
?? O consumo de doces, refrescos e "snacks" debe ser moderado, pois, se ben non existen bos nin malos alimentos, a moderación na comida debe se-la norma.
 
 
?? Controla-lo exceso de graxas, azucre e sal.
 
?? A dieta mediterránea é o mellor exemplo de alimentación saudable. No noso país a súa posta en práctica é fácil porque se dispón de tódolos alimentos
que a compoñen e que son, ademais, da máxima calidade: aceite de oliveira, pescado, legumes, cereais, pan, froitas, verduras, iogur, froitos secos. As súas distintas combinacións dan lugar a numerosas receitas de alto valor gastronómico e nutritivo. Hai que ensinar ós escolares a gozar das vantaxes da dieta mediterránea e a mercar e cociñar.
 
?? A práctica do exercicio físico, complementada cunha alimentación saudable, é esencial para previ-la enfermidade e promover a saúde. O neno debe acostumarse a realizar actividades físicas e a reduci-lo lecer sedentario evitando o exceso de horas de televisión e videoxogos.
 
?? O papel dos pais na formación dos hábitos alimentarios dos seus fillos e dun estilo de vida saudable é esencial. Deben estimulalos a comer de todo e a valora-los alimentos e pratos e receitas como un tesouro cultural.
 
?? Comer é unha necesidade e un pracer. A comida debe aporta-las cantidades en enerxía e nutrintes que o organismo precisa, pero tamén o benestar psicosocial que supón un prato gastronómicamente ben preparado,
consumido nun lugar agradable e en boa compañía.
 
?? O abuso da comida rápida nunca é aconsellable, pois contribúe á formación de malos hábitos alimentarios e á obesidade infantil.
 
 
 
Extracto da publicación
A alimentación dos teus nenos. Nutrición saudable da infancia á adolescencia
Agencia Española de Seguridade Alimentaria. Ministerio de Sanidade e Consumo.
Madrid.2005 publicado por CEAPA