QUEN SABE GALEGO SABE MÁIS. AS LINGUAS NO SISTEMA EDUCATIVO

A vindeira semana comezará en Pontevedra un ciclo de charlas informativas sobre o uso do galego no sistema educativo, as vantaxes de incluírmos a aprendizaxe de linguas desde as idades máis temperás e as medidas que se están a poñer en marcha no ensino para deter a perda de falantes de galego e garantir que a poboación poida elixir libremente a lingua de uso na comunicación debido a que coñece e pode usar correctamente as dúas linguas.

Calendario de charlas informativas:

·         martes 21, ás 20.45 horas: no centro sociocultural de Monte Porreiro

·         mércores 22, ás 20.30 horas: no CEIP de Campañó

·         luns 27, ás 20.30 horas: no Café Moderno

As charlas serán impartidas por especialistas en sociolingüística da Universidade de Vigo; ademais da súa exposición, tamén responderán a todas as cuestións acerca destes temas que formule o público asistente. Están especialmente dirixidas a pais, nais e profesorado.

O Concello de Pontevedra, xunto coa Universidade de Vigo e os Concellos de Ourense e Vigo, está a desenvolver a campaña informativa “Quen sabe galego sabe máis. As linguas no sistema educativo”. Dentro desta campaña, o Concello de Pontevedra distribuíu esta semana, en todos os centros de ensino (de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos) cadernos, trípticos e carteis con información. Todo o alumnado dos centros públicos, concertados e privados recibiu cadanseu tríptico informativo dirixido aos pais e ás nais. Estes materiais pódense ver e descargar na páxina web da campaña: http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/

Concello de Pontevedra:

·         Servizo de Normalización Lingüística: tel. 986863157, normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es

·         Departamento de Educación: tel. 986860697, educacion@concellopontevedra.es