PROMOCIÓN PARA A CONTRATACIÓN OU ADHESIÓN DE TELEFONÍA MÓBIL PARA AS ANPA FEDERADAS

FANPA PONTEVEDRA segue día  a día a traballar na mellora da educación pública e no seu apoio incondicional as ANPA, un traballo que depende tanto da boa vontade da xente e na maior parte das veces pouco valorado, e  con poucos recursos económicos, por iso dende a Federación buscamos as mellores ofertas e posibilidades, unha pequena axuda a vosa labor cotián. Como xa tiñamos anunciado enviamos a proposta que recibimos da empresa Orange para todas as ANPA que queiran dar de alta un ou máis teléfonos móbiles, ou que xa teñan o teléfono con esta compañía e queiran incorporarse a esta promoción ,con un desconto inicial e o regalo dun teléfono , coa posibilidade dunha operación especial unha vez formemos un mínimo de 30 liñas.

Tamén nos garanten unha atención personalizada no caso de ter algún problema, e o compromiso de prestar un terminal no caso de rotura ou avaría do voso, para que poidades estar activos en todo momento

Pensamos que pode ser interesante, é unha oferta exclusiva da que seredes beneficiarias só as ANPA federadas poñéndovos en contacto coa FANPA; darémosvos os datos do comercial que nos fai a oferta, non sería válido en calquera outra tenda ou comercial.

Para calquera dúbida ou suxestión poñédevos en contacto con nós

COA CONTRATACIÓN DE CALQUERA PLAN DE PREZOS ORANGE TEREDES UN DESCONTO NA VOSA FACTURA DE :

 15% DURANTE 6 MESES

 TELEFONOS OFERTADOS:

  NOKIA 5220          NOKIA E51          NOKIA 6300       SAMSUNG U700     SONY. W580i       HTC TOUCH P3450  SAMSUNG J400