Programa Ludoverán 2007

Concellaría de Educación- Concello de Pontevedra

1. LUDOTECAS

 DESTINATARIOS:

Nenos e nenas de 3 a 7/8 anos do Concello de Pontevedra.

DATAS DE REALIZACIÓN:

Vacacións escolares de verán, ó longo de xullo e agosto.

UBICACIÓN DAS LUDOTECAS:

  Ludotecas urbanas:

Pontevedra: colexio de Campolongo (40 PRAZAS) e Froebel (40 PRAZAS) Horario: 10- 13 ½ h

Urbanización de Monteporreiro: EEI Os Campos.(30   PRAZAS)10,30- 13h
 

Ludoteca viaxeira: (25 prazas zona)

–         Mourente, Bora, Marcón: CEIP Vilaverde Luns 10 ½- 13 h.

–          Xeve, Berducido e Lérez: CEIP Santo André de Xeve Martes 10 ½- 13 h.

–          Salcedo, Tomeza e Lourizan: CEIP Cabanas Mércores 10 ½- 13 h.

–          Campañó e Cerponzóns: CEIP Parada- Campañó Xoves 10 ½- 13 h.

–          Parroquias de Pontesampaio: CEIP POntesampaio Venres 10 ½- 13 h.

O 10% das prazas resérvanse para nenos/as procedentes de Servizos Sociais

INSCRICIÓNS E DÍAS DE ASISTENCIA:

Os días de inscripción serán entre o 11 a 22 de xuño de 9- 14 h. na Área de Educación do Concello de Pontevedra.

  Ludotecas urbanas:

  Pontevedra: inscrición por quincenas de luns a venres.

     Urbanización de Monteporreiro: Inscrición por mes de luns a   venres (as inscripcións poden entregarse tamén no propio centro)

     Ludoteca viaxeira: Inscrición por dous meses, un día a semán  (as inscripcións poden entregarse tamén no propio centro)

COTA DE INSCRICIÓN:

  Ludotecas urbanas:

   Pontevedra: 25 euros por quincena

    Urbanización de Monteporreiro: 25 euros por mes

    Ludoteca viaxeira: 5 € x mes ou 10 € por dous meses

 

OBXECTIVOS : 

Potenciar o xogo coma un modo de entretemento, diversión e aprendizaxe a través dos recursos materiais e humáns necesarios para crear un ambiente axeitado ós intereses e necesidades dos nenos/as de 3 a 7/8 anos.

Favorer o desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial do neno/a a través da actividade lúdica.

 Favorece-lo xogo en grupo e a relación cos demais compañeiros, estimulando a través do xogo a integración de nenos con problemas de relación e comunicación.

Desenvolver actividades lúdico-culturais que implequen o coñecemento do seu entorno.

 Posibita-lo occeso ó mundo da actividade lúdica organizada a aqueles sectores da poboación cun entorno socio-cultural menos favorecido.

Propoñer xogos con materiais diversos e a propia fabricación de xoguetes, frente ó consumo masivo de xoguetes mercados.

Favorecer o desenvolvemento da creatividade do neno/a a través da proposta de diferentes actividades manuais, de animación e expresión.

 Fomentar o sentido da responsabilidade cara o coidado dos xoguetes e o cumprimento de normas para o coidado de bens comunitarios.

 

ACTIVIDADES

 

Para o diseño das actividades partimos das idades dos nenos/as e da finalidade lúdica, educativa e socializadora que queremos dar ás ludotecas.

En cada unha delas as actividades varían en canto ó tipo de xogos, obradoiros, saídas, etc., mantendo a estructura organizativa básica.

Ludotecas urbanas de Froebel e Campolongo: A Programación planifícase por quincenas.

Ludoteca de Monteporreiro: A Programación planifícase por mes.

Ludoteca viaxeira: A Programación planifícase para os dous meses adaptando o Programa ós nen@s ó espacio e ó entorno de cada lugar. 

Tipo de actividades:

Xogo libre:

Unha das principais actividades na ludoteca é a do xogo libre e espontaneo, onde os nenos/as elixen o meterial de xogo disposto ó seu alcance e ós compañeiros de xogo, as ludotecarias ten aquí a función de orientar no caso de que pidan axuda, evitar que xurdan incidentes ou motivar a aqueles nenos con problemas de comunicación ou integración no grupo.

 

Actividades grupais propostas pol@s monitor@s:

–         Xogos tradicionais de correr, de roda…

–         Xogos populares

–         Xogos de habilidade e coordinación

–         Xogos de acertixos e adiviñas

–         Xogos con música

–         Cancións e danzas infantís

–         Contacontos

–         Teatriños

–         Etc.

Obradoiros:

–         Creación de xoguetes sinxelos,

–         cociña,

–         Maquillaxes e disfraces

–         Modelado

–         Debuxo e Pintura

–         Instrumentos musicais sinxelos

–         Creacións con material variado (papeis,caixas, botes, tubos de cartón, tapóns…)

–         Etc.

Saídas ós parques e prazas da cidade ou do pobo:

A lo menos unha ou dúas veces por semán saimos ós parques cercanos para realizar cos nenos/as xogos ó aire libre.

Excursións en autobús:

Excursións en autobús a zonas verdes e lugares de interese (granxas de animais, parques naturais, etc).

Visitas a diferentes centros de interese do entorno próximo:

Panadería, mercado, estación de tren, museos, muiños, etc.

Exemplificación de planificación diaria nunha ludoteca

 

10:00: Entrada á ludoteca, saúdos, os nenos vanse incorporando nos distintos xogos (xogo libre)

11:30 Recollida dos xoguetes e descanso para merendar
12: 00 Obradoiros, xogos e actividades de animación por grupos
13:00 Última actividade da mañá: lectura de contos, música e baile, cancións,   xogos de corro….

 

Este ritmo varía cando está planificada algunha saída ou excursión, ou cando se introduce no programa algún elemento sorpresa, por exemplo coa chegada dalgún personaxe que ven a contarnos algo, un mago, etc.

 

REQUISITOS DE INSCRICIÓN

 

1. Fotocopia DNI do pai, nai ou titor/a

2. Fotocopia DNI do alumno/a ou do Libro de Familia

3.Nota xustificativa de residencia no Concello de Pontevedra. (De no constar no DNI.).

4. Fotocopia da Tarxeta sanitaria do alumno/a.

5. Dúas fotos carnet do neno/a

 

2. CAMPAMENTO INGLÉS DIVIR TT (3 a 12 anos)

 

Cota: 30 € quincena

Xullo 9,30 a 13,30 horas CEIP Barcelos

DIVIR TT VERAN é un proxecto lúdico e pedagóxico guiado polos seguintes obxectivos: Aprender, divertirse, traballar en grupo, facer amigos, adquirir valores e fomentar a creatividade.Conxúgase as clases lúdicas de Inglés con xogos, cancións, deportes, obradoiros de creatividade, danza e xogos tradicionais. Cada semana faremos diferentes actividades, enfocadas a que as mañáns de Xullo, sean un espacio de lecer e aprendizaxe.

Todas as actividades de DIVIR TT VERAN xirarán ao redor dun tema ou centro de interese. O traballo a partires dun centro de interese é un método pedagóxico que permite cruzar e interrelacionar contidos e actividades de diferentes disciplinas a partires dun único tema que responde aos intereses reais dos alumnos.

DESTINATARIOS:

Nenos e nenas de 3 a 12 anos do Concello de Pontevedra (80 prazas quincena)

DATAS DE REALIZACIÓN:

Durante o mes de xullo

UBICACIÓN:

CEIP Barcelos

INSCRICIÓNS E DÍAS DE ASISTENCIA:

Os días de inscripción serán entre o 4- 6 de xuño de 10 ½ h – 13 ½ h na Área de Educación do Concello de Pontevedra; Rúa Xan Guillerme s/n (lateral Tesorería Seguridade Social) 36002 Pontevedra

COTA DE INSCRICIÓN:

30 € quincena ou 60 € todo o mes de xullo.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN

1. Fotocopia DNI do pai, nai ou titor/a

2. Fotocopia DNI do alumno/a ou do Libro de Familia

3.Nota xustificativa de residencia no Concello de Pontevedra. (De no constar no DNI.).

4. Fotocopia da Tarxeta sanitaria do alumno/a.