Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.

Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á comunidade autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.
A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e da adolescencia, establece no seu artigo
3.2º, como principio reitor da actuación dos poderes públicos de Galicia, o impulso dunha política
integral de apoio á familia que teña en conta as súas necesidades básicas e as dos seus membros, regulando, segundo o artigo 11.3º, aquelas prestacións económicas ou técnicas que teñan por obxecto incidir favorablemente nas situacións de carencia familiar.
O procedemento establecido nesta orde non se trata dun procedemento de concorrencia competitiva
porque a percepción da prestación está unicamente condicionada polo requisito de non estar obrigado a presentar a declaración da renda por razón dos ingresos obtidos en 2006.

A Xunta de Galicia, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos de crianza dun fillo/a, establece deducións da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas polo nacemento de fillos/as. Por outra banda, a Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2008, prevé na súa disposición adicional sétima que aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desa lei, tivesen fillos/as menores de tres anos, terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando,

por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin eles nin ningún dos membros da súa unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período. A percepción desta prestación axustarase ao procedemento que estableza a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pero exixirá xustificación documental dos
requisitos precisos para o seu gozo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación. Esta orde ten por obxecto regular os requisitos e procedemento para a percepción desta prestación. Esta orde adáptase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia en todo o que non se opón ao establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, así mesmo, adáptase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como ao seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, tendo en conta  en todo caso os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non-discriminación e eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación a na utilización dos recursos públicos.

Con este fin, na Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, na aplicación 05.30.312B.480.0 existe partida orzamentaria consignada pola contía de 4.950.000 euros para as prestacións que se establecen no articulado desta orde. Este crédito poderá ser obxecto de ampliación, tal e como se establece no artigo 7 Ung) da referida Lei 16/2007, de orzamentos.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para este ano 2008.

Artigo 2º.-Persoas beneficiarias.

1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2008 (nacidos entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a rendadas persoas físicas correspondente a este período.
Quedan excluídas aquelas unidades familiares cuxos ingresos, considerados de forma individual ou
conxunta segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2006 os 22.000 euros, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.

No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2006 e o 31 de decembro de 2007, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscrición da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil. Cando non sexa necesaria a inscrición, a prestación concederase a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorciodos proxenitores, o beneficiario da prestación
será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.

3. En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus
fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

4. Os estranxeiros que residan en Galicia poderanse beneficiar desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e os requisitos establecidos nesta norma, e tivesen a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

5. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3º.-Requisitos.

Será requisito necesario para a concesión da prestación:

-Que os proxenitores teñan á súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación
presentada se poida deducir que isto non é así, poderáselles requirir que acheguen documentación
complementaria que o demostre.
-Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.

Artigo 4º.-Tipo de axuda e contía.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da
prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis
dunha prestación en virtude desta convocatoria.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

1. Novas solicitudes:
A solicitude formalizarase no modelo oficial que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI/NIF ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.

b) Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un
dos fillos/as menores de tres anos.

c) Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.

d) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

e) Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial
de constitución da tutela.

f) Fotocopia da folla da libreta ou cartilla de aforros na cal figure o número de conta en que se deséese recibir o ingreso, e na cal deberá figurar como titular a persoa que asina a solicitude. No caso de non dispoñer de cartilla ou libreta de aforros, poderase presentar unha certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á cal se refire.

g) Unha declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, por este mesmo concepto, por calquera Administración pública ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo III).
Respecto do solicitante, a presentación da solicitude da prestación comportará a autorización da Secretaría Xeral da Igualdade para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Economíae Facenda os datos de carácter tributario necesarios para a determinación da renda e para o pagamento da prestación, sendo necesaria a autorización expresa do resto dos membros da unidade familiar, que deberán presentar debidamente cuberto o anexo II.

2. Solicitudes para persoas anteriormente beneficiarias: Se a persoa solicitante recibiu a prestación familiar por fillo menor de tres anos no ano 2007 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude formalizada no modelo oficial (anexo I), sempre e cando non se modificasen as circunstancias persoais, xurídicas e económicas
determinantes do dereito de prestación. Neste caso, poderase obter a solicitude debidamente
cuberta no enderezo http://www.xunta.es/aplicacions/pfc

Aquelas solicitudes que se presenten eliminando delas algún dos proxenitores que figuraba o ano
anterior, deberán estar acompañadas da justificación documental correspondente:

-En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador,de ser o caso.

-No caso de parellas de feito, certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar, que se poderá substituír por un informe dos servizos sociais do concello.

-En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

3. Solicitudes para persoas que non foron anteriormente beneficiarias e solicitaron a prestación.
Deberán achegar a documentación establecida no artigo 5.1º desta orde para as novas solicitudes.
En calquera dos tres casos, se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se presentase a
documentación sinalada, requirirase o interesado para que no prazo de dez (10) días emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6º.-Lugar e prazo para a presentación de solicitudes.

1. O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. A presentación da solicitude poderase facer, á elección da persoa solicitante, por vía escrita ou por vía telemática:

a) Vía escrita:

A solicitude mais a documentación requirida presentaranse no rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Vía telemática:

A vía telemática establécese como un mecanismo de presentación nun único trámite para aqueles solicitantes que reúnan os seguintes requisitos:

-A persoa solicitante deberá ter sido beneficiario destas axudas no ano 2007, e non deben ter variado as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.

-A persoa solicitante non deberá ter solicitadas ou concedidas outras axudas por fillos menores de tres anos para esta mesma finalidade.

-As persoas solicitantes deberán posuír un certificado dixital baixo a norma X.509 V3, expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre – Real Casa da Moeda.
Poderase acceder a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet http://www.xunta.es/aplicacions/pfc, onde se disporán os medios de axuda para a presentación de solicitudes. Unha vez asinado co certificado dixital do solicitante
o anexo I da solicitude, procederase á transferencia telemática da dita documentación ao rexistro
telemático da Xunta de Galicia creado polo Decreto 200/2003, do 20 de marzo.

Artigo 7º.-Resolución.

1. Correspóndelle ao vicepresidente da Igualdade e do Benestar a resolución destas axudas no prazo deseis meses contado desde o día seguinte ao da dataen que a solicitude tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución
expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

2. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas pode
interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no
prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da dita resolución. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou por desestimación presunta o recurso de reposición.

Artigo 8º.-Compatibilidade.

As prestacións reguladas nesta orde serán compatibles con calquera outra establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 9º.-Pagamento.

O pagamento das prestacións reguladas nesta orde farase unicamente na conta que os solicitantes fixesen constar no anexo I. Esta conta ten que permanecer activa mentres non se teña constancia da finalización do expediente. A Administración non se fará responsable da imposibilidade de efectuar o ingreso por causas alleas á propia tramitación do expediente.
O pagamento axustarase ao establecido no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se
aproba o texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, modificado pola
Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, en todo o que non estea derrogado pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

As persoas beneficiarias das axudas están obrigadas a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, específicamente o seguinte:

a) Cumprir o obxectivo e executar as accións que fundamentan a concesión das subvencións.

b) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á justificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Artigo 11º.-Revogación da prestación.

Procederá o reintegro, total ou parcial, das axudas públicas, xunto cos xuros de demora xerados segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) A obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, do proxecto ou non-adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

c) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuaciónsde comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas,  ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión destas prestacións terá como límite global o crédito consignado no orzamento da Secretaría Xeral da Igualdade para estes fins.

Segunda.-As persoas beneficiarias atópanse suxeitase o réxime de infraccións e sancións que en materia de subvencións establece o título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceira.-As prestacións económicas concedidas non se publicarán no Diario Oficial de Galicia, por ser un dos supostos de excepción contidos no artigo 15.2º da

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 9.3º do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-Facúltase a secretaria xeral da Igualdade para ditar cantas disposicións sexan precisas en
relación con esta norma.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2008.
Anxo Manuel Quintana González
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

DOG 3/04/08