PREMIO VALLE-INCLÁN 2008

A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, dentro da súa actividade de promoción cultural e para lle renderunha homenaxe permanente á vida e obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, ilustre fillo da provincia de Pontevedra, convoca a cuarta edición do premio que leva o seu nome, que, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente, se rexerá polas seguintes

B A S E S

Primeira.—A convocatoria é para estudos que versen e profunden en calquera aspecto da vida ou

da obra de Valle-Inclán dende un punto de vista cientifico.

Segunda.—O premio estará dotado coa cantidade de vinte e catro mil (24.000,00) euros, que se

achegará con cargo á partida 08/451.451.481.01 do orzamento provincial. O xurado poderá decidir deixalo deserto ou ben conceder cantos accésits considere con esta contía global.

Terceira.—Os traballos deberán ter as seguintes características:

— Ser orixinais e inéditos.

— Deberán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de

Galicia.

— Presentaranse cinco exemplares mecanografados a dobre espazo.

A presentación poderá facerse baixo lema ou pseudónimo, caso no que se achegará a correspondente

identificación do autor nun sobre aparte.

Cuarta.—A presentación das solicitudes por parte dos candidatos farase no rexistro xeral desta

Deputación a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia

(BOP) ata o día 20 de agosto de 2008, aceptando os interesados as condicións establecidas nela.

Rematado este prazo a Secretaría Xeral da Deputación expedirá unha certificación dos traballos

presentados que se lle entregará ó xurado xunto coa documentación correspondente.

A cada traballo presentado xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para un mellor

coñecemento de cada un dos candidatos.

Quinta.—Para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado

polos seguintes membros:

Presidente:

— Presidente da Deputación ou deputado en quen delegue.

Vogais:

— Alcalde-presidente do Concello de Vilanova de Arousa.

— Presidente da Comisión de Cultura da Deputación.

— Un representante de cada un dos seguintes organismos:

a.—Consellería de Cultura e Deporte.

b.—Consello da Cultura Galega.

c.—Fundación Valle-Inclán.

— Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio intelectual e académico.

Secretario:

— O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue.

Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos

seus membros e resolverá todas as incidencias que se presenten, as súas decisións serán inapelables e

poderá, así mesmo, solicitar a axuda de asesores especialistas na materia.

Sexta.—O xurado analizará os traballos presentados con liberdade de criterios, valorando, especialmente,

aqueles aspectos que supoñan unha contribución ó estudo da vida e a obra de Valle-Inclán

ou a súa relación con Galicia.Da decisión do xurado e da adxudicación do

premio redactarase unha acta detallada que, asinada por todos os membros do devandito xurado, pasará

a coñecemento do presidente da Deputación de Pontevedra, ou ó órgano competente en quen delegue.

Sétima.—A entrega do premio realizarase en Vilanova de Arousa e na data que determine o presidente

da Deputación, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como de personalidades

das artes e as letras. Xunto co premio, o/a galardoado/a recibirá un diploma e unha copia da acta da reunión do xurado.

Oitava.—Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo do xurado, a Deputación promoverá

a publicación do traballo premiado.Os traballos que non resulten galardoados poderán

retirarse no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a data

da resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non

solicitadas.