Plans de autoavaliación e mellora da calidade en centros educativos curso 2007/08

Orde do 7 de setembro de 2007 pola que se publica a relación de centros seleccionados para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso
escolar 2007-2008, convocados pola Orde do 30 de abril de 2007.
A Orde do 30 de abril de 2007 pola que se convoca  a selección e renovación de plans de autoavaliación e
mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2007-2008 establece o procedemento
para a súa concesión.De acordo co artigo 12 da orde, unha vez estudadas pola comisión de selección as solicitudes presentadas, feita a proposta provisional de resolución e vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección,
RESOLVO:
Primeiro.-Seleccionar para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación
en centros educativos para o curso escolar 2007-2008 os centros educativos que figuran no anexo a esta orde
e conceder para a súa realización as contías que nel se recollen.
Segundo.-Contra a resolución publicada nesta orde poderase recorrer potestativamente mediante recurso
de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do
día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 116 e
117 da Lei 30/1992, coas modificacións da Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante o recurso contenciosoadministrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2007.
Laura Sánchez Piñón
Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Anexo