PLAN PILOTO _ SERVICIOS COMPLEMENTARIOS

mosimageEstamos mantendo contactos coa Consellerïa de Educación e co Concello de Pontevedra coa finalidade de artella-lo mellor posible o apoio e ampliación  institucional ós servizos complementarios dos centros. (Actividades extraescolares, atención a madrugadores e servizos de comedor).
Celebraremos unha reunión coas directivas de ANPAS o vindeiro mércores  día  15 na oficina da federación  da rúa Alfonso XIII (Antigo Conservatorio xunto á Biblioteca) co fin de informarvos, recoller datos e preparar propostas.
É moi importante que asistades un par de persoas de cada APA do Concello de Pontevedra xa que se trata de poñer en marcha un plano piloto que no futuro estenderase a tódolos centros e pode solucionar algúns dos problemas cos que nos atopamos, tanto económicos como de organización.
 
 Co obxectivo de cuantifica-las axudas  e avaliar necesidades é fundamental que nos mandedes por correo electrónico ou chamando á Federación ou ó  teléfono 986879694 os seguintes datos o antes posible (antes do mércores).
 
 
          1º- Actividades extraescolares que tendes en cada centro, numero de asistentes  e custo por alumno.
           2º- Custes actuais de xestión das actividades e custo dos seguros e gastos de xestión que poidades ter.
          – Na reunión pedirémosvos outros datos sobre transporte e posibilidade de espazo para comedor.
          Agardámosvo-lo mércores 15 de Febreiro ás 7 da tarde na Federación (Alfonso XIII 3º).
           Un Saúdo
                         Alfonso Moreno Morra
 

*Se tendes problema para coidar ós vosos fill@s durante a reunión, darnos unha chamada e unha persoa encargásese de atendelos na Biblioteca Publica