OS CEIP DE PONTEVEDRA VAN POLO RÍO DOS GAFOS
Campaña itinerante de promoción do río dos Gafos nos colexios de Pontevedra.
Este mes de XANEIRO estamos no CEIP CABANAS DE SALCEDO
· Dita campaña consiste nunha exposición fotográfica composta por 25 imaxes do fotógrafo Nelsón – Fotovedra que estarán en cada centro durante un mes, unha explicación didáctica ós escolares sobre os valores naturais e paisaxísticos do río e un paseo polo Gafos.
· MARTES,13 ÁS 17,30 HORAS.CHARLA, impartida por Gonzalo Sancho presidente de Vaipolorío, que consistirá nun relatorio titulado " Flora e fauna do Río dos Gafos ”.
Apoiado con proxección en Power Point.
· MERCORES,21 ÁS 10 h HORAS., PASEO DIDÁCTICO
polo tramo rural, guiado por Manolo Gil e Pablo Carro membros de Vaipolorío, onde se darían explicacións do ecosistema de ribeira e do patrimonio existente.
A campaña irá celebrándose ata maio por oito colexios do concello de acordo co seguinte programa:
outubro: CEIP Manuel Vidal Portela ————- > feito
novembro, CEIP San Benito de Lérez ————– > feito
decembro: EEI de Verducido ————– > feito
xaneiro: CEIP Cabanas – Salcedo
febreiro:CEIP A Carballeira – Lourizán
marzo:CEIP San Martiño-Salcedo
abril:CEIP Marcón
e maio, CEIP Santo André de Xeve.
COLABORA A CONCELLALIA DE MEDIO AMBIENTE NATURAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA
Maís información : 676 842 942