Orde do 3 de outubro de 2008 pola que se convocan axudas para a realización de rutas literarias dura


As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co profesor e outros compañeiros, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral, ao coñecer diferentes lugares, xentes, terras, costumes, historias e recursos.

Con base no acordo subscrito pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte e co fin de permitirlles aos alumnos galegos de educación secundaria o contacto directo con outras zonas e culturas de España, esta consellería

DOG Nº 205