OLIMPIADA LÚDICO-CULTURAL PROMOVIDA POLA ANPA PARDO BAZÁN
A partir do 2 de marzo comeza no CEIP Froébel a I Olímpiada Lúdico-Cultural promovida pola ANPA PARDO BAZÁN e coa colaboración do colexio e o Concello.
Os alumnos e alumnas participantes teñen que cubrir a ficha de inscrición e introducila na urna situada na entrada da aula de música antes do 27 de febreiro. Mínimo 10 grupos.
Só se pode participar en grupos de 4 persoas que pertenzan ao mesmo ciclo e terán que reunir o máximo de puntos posible ao longo de 10 semanas.
A verdade é que isto ten moi bo pinta, ánimo rapaces/as, poñédovos a cavilar ,que dá a impresión que sinxelo non vai ser, formade un grupo consistente para ter forzas ata o fin, e os premios non están nada mal.