Obradoiros de Biodiversidade

Dentro do Proxecto de Conservación da diversidade biolóxica de ecosistemas fluviais promovido pola Asociación de Desenvolvemento Rural – Proder II – Comarca de Pontevedra, plantéxanse actividades de participación cidadán destinadas a nenos e nenas da Comarca, conxuntamente cos seus pais e nais.

Estas actividades denomínanse Obradoiros de Biodiversidade.

Este proxecto de Educación Ambiental quere acadar entre os participantes unha maior sensibilización sobre a problemática dos nosos ríos, non so como espectadores, senón dando valor a participación, a reflexión xunto coa acción ou estratexia na resolución dos problemas.

Calendario de Obradoiros

* 27 setembro – Ponte Caldelas – A vexetación de ribeira
* 4 outubro – Barro – A vexetación de ribeira
* 11 outubro – Vilaboa – A vexetación de ribeira
* 11 outubro – Poio – A vexetación de ribeira
* 18 outubro – Ponte Caldelas – O estaquillado de especies de ribeira
* 18 outubro – Barro – O estaquillado de especies de ribeira
* 25 outubro – Vilaboa – O estaquillado de especies de ribeira
* 25 outubro – Poio – O estaquillado de especies de ribeira
* 8 novembro – Barro – A recuperación da vexetación de ribeira
* 15 novembro – Ponte Caldelas – A recuperación da vexetación de ribeira
* 22 novembro – Vilaboa – A recuperación da vexetación de ribeira
* 29 novembro – Poio – A recuperación da vexetación de ribeira

Máis información e ficha de inscrición